"Existen bastantes tabús sobre o que pode ser a economía galega"
08/05/2008] En só seis anos de vida, Blusens xa se converteu nun pequeno gran xigante do sector da electrónica de consumo. Xurdida en Compostela en 2002 por iniciativa de dous socios, só no primeiro ano facturou un millón de euros e en 2006 converteuse na marca líder do mercado estatal de reprodutores mp3. Con tres filiais en Asia e a piques de establecerse en América, o seu próximo produto estrela é unha plataforma integral para converter a vivenda familiar nun fogar dixital de alta velocidade. Xosé Ramón García, presidente e conselleiro delegado da marca, conversou con Máis Internet, Máis Galego, Máis Futuro
No hay comentarios:
Publicar un comentario