miércoles, 21 de mayo de 2008

As apostas máis persoais do cine galego non atopan vías de distribución MARIO IGLESIAS


Mario Iglesias Mario Iglesias González
Pontevedra 1962

Comeza no audiovisual a primeiros dos noventa e na década seguinte arranca a súa proxección a través de producións propias que lle valen numerosos galardóns. Entre as súas obras destacan as multipremiadas curtametraxes Corten, Intensidade e Nais. Fundou unha produtora de seu, Matriuska Producciones, e traballa en soporte dixital.



PREMIOS E RECOÑECEMENTOS

Gañador en 2004 do certame Notodopublifest, de Notodo.com, en que propuña un spot para o xornal El País. Por varias das súas curtas mereceu unha mención do xurado do Festival de Cine Digital de la Palma (o Festivalito), en 2004. Consulta as fichas de Nais, Corten e Intensidade para ver todos os galardóns que recibiron cada unha destas curtas. Por "De bares" Mario Iglesias gañou o galardón á mellor montaxe nos Premios Mestre Mateo 06 (entregados en maio de 2007).

No hay comentarios: