jueves, 8 de mayo de 2008
Eu traduzo o teu software'
Xornadas 'G11n: Eu traduzo o teu software'
10 e 11 de maio. Mancomun.org, con ocasión do seu segundo aniversario celebra unhas xornadas sobre ferramentas metodolóxicas de tradución de software libre ao galego e xuntará por dous días aos membros máis activos/as da comunidade de tradución de software galega.
O obxectivo de G11n: Eu traduzo o teu software é o de identificar os principais problemas que os/as axentes concernidos/as atopan no seu labor e atopar conxuntamente solucións que permitan resolvelos.
O evento G11n: eu traduzo o teu software divídese en dúas xornadas, a primeira delas aberta ao público e a segunda dedicada ao traballo interno da comunidade.
A primeira destas xornadas, que se desenvolverán no Hotel AC Palacio del Carmen, é de caracter congresual, abríndose cunha ponencia sobre terminoloxía que impartirá Xusto A. Rodríguez Río, responsábel da Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela. Tras esta ponencia ten lugar unha Intervención Institucional con ocasión do 2º Aniversario de Mancomún de Helena Veiguela, Directora Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellaría de Innovación e Industria (Xunta de Galiza). Esta intervención precede a unha mesa redonda, moderada pola Directora Xeral, na que persoas destacadas no eido da localización galega exporán a súa perspectiva na matéria. Tras unha comida que require inscrición previa completará a xornada de portas abertas dúas ponencias de grande interese: a protagonizada por Albert Astals Cid, sobrecoordenador de KDE 4.0 e a impartida por Juan Rafael Fernández, experto en tradución de software e Profesor de Educación Secundaria en Andalucía.
A segunda xornada ten un caracter máis interno e aínda que é posíbel a participación de público está orientada principalmente aos distintos axentes que conforman a comunidade galega de localización de software libre (voluntariado individual, grupos de voluntarios/as, asociacións, empresas e administración pública así como a expertos/as convocados pola propria comunidade).
G11n é un numerónimo informático que significa galeguización
Programa do día 10
* 09:30. Apertura das xornadas.
* 10:30. Terminoloxía, charla impartida por Xusto A. Rodríguez Río do Servizo Normalización Lingüística USC.
* 11:30. Café.
* 12:00. 2º Aniversario Mancomún, onde falará Helena Veiguela.
* 12:45. Mesa redonda arredor das Perspectivas na localización do software libre.
* 14:00. Xantar.
* 16:30. KDE, charla impartida por Albert Astals Cid, sobrecoordenador de KDE 4.0.
* 17:45. Café.
* 18:00. Tradución de software, charla impartida por Juan Rafael Fernández, experto tradución software.
* 20:30. Cea.
Programa do día 11
* 10:00. Sesión plenaria para a asignación grupos de traballo.
* 11:30. Sesións simultáneas dos grupos de traballo.
* 13:30. Sesión plenaria para a exposición das conclusións.
* 14:00. Clausura e xantar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario