martes, 27 de mayo de 2008

Seminarios sobre neoliberalismo e exclusión


Seminarios sobre neoliberalismo e exclusión
A Fundación Galiza Sempre promove a reflexión en torno a tendencias sociais da actualidade coa celebración de dous seminarios en Compostela, os días 27 de maio e 10 de xuño. João Teixeira Lopes, sociólogo e profesor da Universidade do Porto e Juan Torres López, Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de Málaga, son os ponentes convidados.

A iniciativa enmárcase nun ciclo sobre Autogoberno e calidade de vida e conta coa colaboración da Vicepresidencia da Igualdade e o Benestar da Xunta de Galiza.

MARTES 27 DE MAIO _ NOVAS CUESTIÓNS SOCIAIS
Reflexión/debate sobre algunhas das grandes cuestións/tensións sociais da actualidade:
– integración vs multiplicación das exclusións
– Cultura do lecer vs intensificación do traballo
– Espazos privados vs esfera pública
João Teixeira Lopes Doctor en Socioloxía, Profesor e Coordinador do Instituto de Socioloxía da Universidade do Porto; 10 libros publicados. Foi programador cultural e deputado do Bloco de Esquerda na Asamblea da República ata 2006.

MARTES 10 DE XUÑO_NEOLIBERALISMO, DESIGUALDADE E EXCLUSIÓN
Juan Torres López Catedrático de Economía Aplicada. Universidade de Málaga.
Entre os libros que ten publicado destacan: o manual Economía Política (seis edicións); Desigualdad y crisis económica. El reparto de la tarta (dúas edicións); Toma el dinero y corre. La globalización neoliberal del dinero y las finanzas. Tamén coordinou e dirixiu libros colectivos como Pensiones Públicas, ¿y mañana qué? ou Venezuela a contracorriente. Los orígenes y las claves de la revolución bolivariana.

Colaborador de numerosas organizacións non gubernamentais, de asociacións e sindicatos, ten actuado como consultor e asesor de gobernos e institucións internacionais. Coordina o Observatorio do Emprego e a Exclusión Social da Universidade de Málaga e a páxina web de información económica www.altereconomia.org

Aforo limitado. Prégase confirmación de asistencia:
981 55 42 00 / fgs@galizasempre.org

No hay comentarios: