viernes, 16 de mayo de 2008

A TERCEIRA PÓLA e FRONTEIRAS na celebración do Día das Letras Galegas



fotrograma de Fronteiras

pasacana@pasacanafilms.com ANUNCIA


A TERCEIRA PÓLA e FRONTEIRAS na celebración do Día das Letras Galegas



Prezados amigos e xornalistas:



Co gallo do Día das letras Galegas os actos a prol da lingua multiplícanse por todo o país. Entre as iniciativas programadas queremos lembrarvos dúas:



Sábado 17 de maio, ás 16:30 horas na Televisión de Galicia: estrea de A terceira póla. Un recanto de fala galega en Estremadura, documental dirixido por Rubén Pardiñas.



Luns 19 de maio, ás 19:30 no Fórum Metropolitano (A Coruña): proxección do documental Fronteiras e coloquio posterior coa participación de Rubén Pardiñas (director da película) e Carlos Varela Aenlle (académico correspondente da RAG en Asturias).

-------------------

FRONTEIRAS

En Fronteiras interveñen persoas como o ex presidente da Xunta Manual Fraga Iribarne ou o ex portavoz nacional do BNG, Xosé Manuel Beiras. Ademais, contouse coa colaboración de escritores e lingüistas "do nivel" de Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Ramón Barreiro Fernández, presidente da Real Academia Galega, e Ana Cano, presidenta da Real Academia da Llingua Asturiana.

Da outra banda, o filme inclúe entrevistas ós habitantes de vilas como Ponferrada (León) ou Navia (Asturias), cuxa decisión sobre a súa propia identidade "debe primar ante todo á hora de definilo", di Pardiñas. O director explica como "neste grupo, hai de todo, dende o que razoa que el é castelán falando nun galego impecable ata o que reclama a anexión a Galicia".

A modo de "coda final", Fronteiras para tamén polo Val de Xálima, un lugar de Estremadura no que se fala unha variante de galego (o "valego") que evolucionou indepententemente dende a Idade Media. Para Pardiñas as tres aldeas de Xálima son un exemplo de como os trazos sociolingüísticos poden dar grandes saltos territoriais.

"A cuestión é -resume o director- que aínda que as fronteiras administrativas xa están fixadas e poucos as discuten, os límites culturais son difusos e están no centro do debate", tanto para os intelectuais como para a xente que vive entre dúas terras. "Sen tomar partido por ningunha opción, nós queremos reflectir ese debate", conclúe Rubén Pardiñas.


--------------------

A TERCEIRA POLA
"A terceira póla. Un recanto de fala galega en Estremadura" na TVG

A terceira póla. Un recanto de fala en Estremadura, no que o director reflexiona sobre a situación lingüística que vive o Val do Ellas, en Estremadura.



COMENTARIOS

Big Girl
Edad: 13
Horóscopo: Virgo
Año zodiacal: Perro
Ubicación: Florianópolis : SC : Brasil
Datos personales
Moro em Floripa a 12 anos, mas sou natural de Tubarão, uma cidadezinha pequena, onde o meu pai e as minhas avós moram sou engraçada e divertida, sabe, eu sempre me achei feia e burra, mas está na hora de mudar né??? ENJOY MY BLOG!

-----------

ines says: saúdos Big Girl