jueves, 8 de mayo de 2008
II Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización
II Concurso de Iniciativas da Rede de Dinamización
Do 1 ao 31 de maio. A Rede de Dinamización da Sociedade da Información celebra de novo este ano o Día de Internet, das Letras e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información cun concurso de iniciativas para a dinamización. Esta volta o premio é tecnolóxico e será para o dinamizador/a ou equipo (de non máis de 3 dinamizadores/as) da idea gañadora e para un máximo de 10 participantes nesa idea.
O obxectivo: fomentar a posta en marcha de iniciativas que promovan o uso do galego e das TIC na empresa, entre as mulleres, os maiores e as persoas con discapacidades, no software libre, no tecido asociativo e, como non, entre a poboación en xeral. Desta maneira preténdese vencellar a cada colectivo mencionado coa lingua e incrementar a percepción do galego como linguaxe útil no eido tecnolóxico, ademais de impulsa o uso das TIC na vida cotiá e profesional.
As ideas que se achegaro ao concurso debían conter unha serie de obxectivos específicos:
* Fomentar o uso do galego nas TIC.
* Promover iniciativas mediante o emprego das TIC que permitan que cada colectivo participe activamente na Sociedade da Información.
* Proporcionarlles aos/ás dinamizadores/as a ocasión de expoñer o seu carácter innovador e emprendedor.
* Impulsar a realización de actividades que potencien a implicación do/da dinamizador/a co contorno.
As ideas seleccionadas teñen pendente agora entregar, durante a primeira semana do mes de xuño, unha memoria final da iniciativa presentada, que debe ter un máximo de 25 páxinas e recoller todo o material inserido no documento.
Á hora de escoller a idea gañadora, que se coñecerá durante o mes de xullo, valorarase:
* A creatividade, a orixinalidade e a innovación da iniciativa.
* O emprego do galego.
* A utilidade colectiva da iniciativa.
* As TIC empregadas.
* A repercusión e o alcance social da iniciativa.
* O nivel de dificultade para a realización do proxecto.
No xurado estará a directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Helena Veiguela; o subdirector xeral de Desenvolvemento da Sociedade da Información; a directora do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller; e o director xeral de Acción Social.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario