jueves, 8 de mayo de 2008

Lingua de Amor 2008




Lingua de Amor 2008

Ata o 14 de maio. O Consello da Xuventude de Galicia, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, presenta a segunda edición de Lingua de Amor, un concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico.

Lingua de Amor 2008 ten entre os seus obxectivos dinamizar o uso da lingua galega por parte dos mozos e mozas nos novos espazos de comunicación: correos electrónicos, chats, foros... O galego é unha lingua útil para os momentos de lecer e diversión. O galego ábreche as portas á hora de coñecer xente, de facer amigos e... por que non? Tamén para formar parellas!

Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina web
www.linguadeamor.eu e enviar unha declaración de amor en galego que teña como máximo 350 caracteres. A data límite para o envío das declaracións é o 14 de maio de 2008 e as bases do concurso podes descargalas aquí.

Nesta edición establécense, como novidade, dúas categorías de idade: unha de 14 a 19 anos e outra de 20 a 30. En canto aos premios, haberá tres por cada unha das categorías:

Categoría A

* 1º premio: Consola Nintendo wii + un lote de libros en galego
* 2º premio: DVD portátil + un lote de libros en galego
* 3º premio: MP3 + un lote de libros en galego

Categoría B

* 1º premio: Viaxe a París para dúas persoas + un lote de libros en galego
* 2º premio: Ordenador portátil + un lote de libros en galego
* 3º premio: TV LCD 19’’ + un lote de libros en galego


Ademais, os 200 primeiros/as participantes recibirán un agasallo por cortesía da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Nota
Esta actividade foi recibida en www.maisinternetmaisgalego.org para a súa difusión.


Para saber máis

* Bases do concurso en www.linguadeamor.eu
* Consello da Xuventude de Galicia




COMENTARIO: ¿Ata que idade é un moza ou moza?

No hay comentarios: