OPINION:
Bueno, xa pasou o da Universiada. Non pudo ser, xa se volverá a intentar.
Santi Dominguez. Pechamos o asunto de momento e agora aclaremos cousas que nos interesan aos cidadáns. Por favor aclaranos a postura do BNG sobre o Porto de xeito moi transparente.
02/06/2008
Vigo centrará os seus esforzos en avanzar as súas infraestruturas e en reforzar os apoios internacionais para a candidatura do 2015
O tenente de alcalde, Santi Domínguez, acompañado do concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e do reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, fixeron hoxe balance do resultado da candidatura de Vigo á Universiada de Verán 2013. Domínguez quixo comezar a súa intervención agradecendo novamente a participación da cidade de Vigo na Universiada por “facernos sentir tanto orgullo durante a nosa presentación e polo que despois escoitamos sobre Vigo”. Domínguez recoñeceu o poderío da candidatura de Kazan dende o primeiro momento e “cando chegamos alí aínda foi maior”, e neste aspecto quixo felicitar aos gañadores pola consistencia e seriedade do seu proxecto. Domínguez salientou que segundo os datos que van chegando “mesmo puido chegar a producirse unha votación por unanimidade en favor de Kazan”, malia que no último momento o bloque asiático puido desmarcarse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario