lunes, 2 de junio de 2008

DAVILA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN NO CONGRESO PARA QUE SE ELABORE UN ESTUDO INTEGRAL DE TODA A RÍA DE VIGO

Davila presentou esta proposición no mes de abril e polo que se ve a autoridade portuaria, a non ser que se lle prohiba seguir co devandito proxecto de ampliación do Porto non vai parar nada.

A miña opinión:

O BNG, ten que dirixirse aos medios e explicar a súa postura nestes intres. Foi apoiado entre outras cousas pola súa oposición aos recheos.

Sigo a dicir que polas manifestacións da autoridade portuaria entendese que a cidadanía xa coñecemos o devandito proxecto (????) e que hai un certo consenso político.

ACLARACIONS AXIÑA, E SE HAI QUE DEIXAR O GOVERNO.......HABERÁ QUE PENSAR CAL VAI SER MAIOR CUSTO POLÍTICO






DAVILA PRESENTA UNHA PROPOSICIÓN NO CONGRESO PARA QUE SE ELABORE UN ESTUDO INTEGRAL DE TODA A RÍA DE VIGO

A deputada do BNG pede que se paren os recheos, proxectos de ampliación ou portos deportivos mentras non se coñezan as conclusións de dito Estudo

Madrid, 2 Xuño 08. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou na Cámara Baixa unha proposición non de lei na que insta ao Goberno a elaborar, en colaboración coa Xunta, un Estudo Integral de toda a Ría de Vigo.

A finalidade da iniciativa da deputada do BNG é que se planifiquen os usos e plans de futuro “partindo da diversidade económica e social para así compatibilizar e racionalizar os espazos e as necesidades industriais coas naturais e medioambientais”.

Primeiro planificar antes de construir

Ademáis, a parlamentar nacionalista quer que se paralicen os proxectos de ampliación, recheos, dragaxes ou portos deportivos mentras non se coñezan as conclusións deste estudo, “mentras non conten cos correspondentes estudos que permitan ponderar a repercusión medioambiental dos mesmos”.

Olaia Fernández Davila pón de manifesto que a existencia de proxectos de praias artificiais, portos deportivos, dragaxes,.. “son un exemplo das distintas propostas de actuación no entorno e ao longo da Ría viguesa, que desde a nosa perspectiva, prexudican gravemente ao noso ecosistema”. A deputada do BNG reprocha que se fagan estas actuacións de “xeito abusivo e desmesurado, sen previsión global de futuro, sen planificación e ausencia de estudos básicos de impacto ambiental”.

Recalca que os exemplos “son moitos xa que temos detectado máis de 20 actuacións entre os proxectos propostos e aqueles que xa se están executando”.

No hay comentarios: