miércoles, 25 de junio de 2008

concentración

ASOCIACIÓN
REDE DE MULLERES VECIÑAIS
CONTRA OS MALOS TRATOS DE VIGO



Como ven sendo habitual, a asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo convoca á concentración que terá lugar o vindeiro xoves día 26 de xuño ás 20:00 h na Rúa Príncipe, diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO), como mostra de repulsa da violencia machista en todas as súas manifestacións.

Dende a Rede seguimos a denunciar a morte das mulleres, que no que vai de ano xa son 47.

Nesta ocasión, unha das mediadoras da Rede de Mulleres será quen leerá o comunicado en mostra de solidariedade coas mulleres que sofren a máis despiadada manifestación da violencia de xénero.

Agardamos contar con todas e todos vós, para que se escoite a voz de todos os sectores sociais contra a lacra intolerable da violencia contra as mulleres.


Agradeceríamos a súa difusión e a vosa asistencia.





Vigo, 23 de xuño de 2008

No hay comentarios: