jueves, 19 de junio de 2008

a voltas cos termos


18 Xuño 2008
Galiza, un nome lexítimo para o país


Recentemente, vense de abrir de novo a polémica sobre o nome do país (Galiza ou Galicia) a raíz dun ditame da RAG. Desde o BNG, queremos recordar varias cuestións:

En primeiro lugar, a forma Galiza é netamente galega, como se pode comprobar ao revisar textos da etapa medieval da nosa lingua, na que estaba plenamente normalizada nos seus usos. Mais non só iso, senón que na época contemporánea foi e segue sendo usada por numerosísimos autores e en multitude de textos. Un exemplo é o Sempre en Galiza de Castelao.

En segundo lugar, a normativa actual, aprobada pola mesma RAG no 2003, lexitima as dúas opcións.

Até agora, os departamentos da administración autonómica que dependen do BNG, en todos os usos con valor xurídico están a utilizar a forma Galicia que se recollía como oficial no Estatuto vixente. No resto de usos, emprégase a forma Galiza, xa que está admitida pola norma e considerámola unha forma máis xenuína e propia.

Por outra parte, resulta curioso que os que botan leña ao lume neste debate sexan precisamente os que non están en absoluto preocupados pola normalización de usos do galego, os mesmos que se opoñen a que o galego sexa lingua vehicular no ensino, a que o Estatuto galego recolla o deber de coñecer a nosa lingua, ou mesmo os que defenden que en Galiza o idioma que corre perigo é o castelán.

O BNG seguirá a súa liña de coherencia cunha normativa de consenso que aceptou, moi acertadamente, a forma Galiza.

No hay comentarios: