viernes, 20 de junio de 2008

I ENCONTRO EMPRESARIAL GALICIA AMERICA

O I Encontro Empresarial entre Galicia e América Latina comeza o domingo con máis de 200 reunións de negocios programadas
Máis de 200 reunións de traballo entre 25 empresas latinoamericanas e 70 viguesas e galegas conforma o programa do primeiro Encontro Empresarial entre Galicia e América que comeza o domingo, 22 de xuño, según anunciou hoxe o tenente de alcalde, Santi Domínguez. Trátase dunha iniciativa froito do traballo conxunto entre a Concellería de Comercio, Industria e Comercio, a Confederación de Empresarios de Pontevedra, e a Cámara de Comercio, entre outras entidades, e que conta co apoio da Xunta de Galicia, que se desenvolverá na cidade ata o vindeiro 25 de xuño, cando os empresarios voltarán aos seus países de orixe.

No hay comentarios: