sábado, 7 de junio de 2008

DAVILA PREGUNTA AO GOBERNO





DAVILA PREGUNTA AO GOBERNO QUE SOLUCIÓNS TEN PARA A UBICACIÓN DA NOVA DEPURADORA DE VIGO E SE VAI HABER RETRASOS NA SÚA EXECUCIÓN

“Se o Goberno tiña previsto elaborar o proxecto da nova depuradora dacordo aos terreos destinados para a súa instalación, cal é o problema de adaptación aos terreos asignados?”, inquire


Madrid, 6 Xuño 08. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa na que pregunta ao Goberno se conta con propostas alternativas de solución aos problemas plantexados para a ubicación da nova depuradora de Vigo.

Neste sentido, quer saber se estes problemas van supor un retraso no inicio da construción desta nova infraestrutura. De todos os xeitos, a parlamentar do BNG subliña o feito de que “se o Goberno tiña previsto elaborar o proxecto da nova depuradora dacordo aos terreos asignados para a súa instalación, “cal é o problema de adaptación aos terreos asignados?”.

Ademáis, “dado o feito xurídico de que grande parte destes terreos son de dominio público marítimo terrestre, tivo en conta o Executivo a conveniencia de considerar inncesariedade dos terreos para os seu traspaso á Xunta con obxecto de actuar coa máxima garantía xurídica?”, inquire a deputada nacionalista.

De non considerar a desafectación dos terros, Davila quer saber a que se debería “se temos en conta que hai anos non se levou a cabo debido ao abandono do proxecto de construción de Zona Franca”.

Contradición do Goberno

A deputada do BNG alude na exposición de motivos da iniciativa aos problemas xurdidos pola ubicación desta nova infraestrutura no
mesmo lugar onde se atopa a actual. “A cuestión é que os estudos que se están a realizar considerarían insuficiente a superficie reservada polo concello de Vigo no Plan Xeral. Según se desprende da información publicada, “a proposta que hoxe por hoxe se está a estudar se sae dos límites de parcela marcada para a depuradora”. Davila salienta que de ser certa esta aseveración, “non se entenden as respostas do Goberno a esta deputada en anteriores ocasións, nas que se afirmaba que “non se poderían iniciar os estudos do proxecto de construción en tanto non se contara cos terreos nos que sería ubicada, dado que o proxecto tería que se adaptar aos mesmos”.

A parlamentar nacionalista pón de manifesto estas contradición do Goberno e o urxe a construir canto antes a nova depuradora.

No hay comentarios: