martes, 10 de junio de 2008
Galicia e Galiza son formas históricas lexítimas galegas no sentido filolóxico
«Galicia e Galiza son formas históricas lexítimas galegas no sentido filolóxico. As dúas circularon na época medieval, pero só Galicia mantivo un uso ininterrompido ao longo da historia na lingua oral». Galiza, en cambio, cayó en desuso en la lengua oral y se recuperó en el gallego contemporáneo.
------------------------------------------------------
Galicia[1] ou Galiza[2] é unha nación[3] establecida xurídica e administrativamente como Comunidade Autónoma con estatuto de "nacionalidade histórica" segundo a Constitución española e o seu Estatuto de Autonomía (ver Estatuto de Galicia) dentro do Reino de España. Está situada no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, con Asturias e Castela e León, ao oeste, co Océano Atlántico, ao norte, co Mar Cantábrico e, ao sur, coa República de Portugal.
Ten como lingua propia o galego, similar e de orixe común co portugués, e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en todo o estado español.
A Galicia pertencen o arquipélago das Illas Cíes (formado polas illas do Faro, de Monteagudo e de San Martiño), o arquipélago de Ons (formado pola illa de Ons e a illa de Onza), o arquipélago de Sálvora (formado polas illas de Sálvora, Vionta e as Sagres), así como outras illas como Cortegada, Arousa, as illas Sisargas ou as Malveiras; a meirande parte das cales pertencen ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Galicia ten a súa orixe cultural na cultura megalítica da fachada atlántica europea e na cultura castrexa. Os primeiros poboadores de Galicia son os nativos oestrimnios e outros pobos de orixe indoeuropea. A fusión destes pobos no noroeste peninsular dará lugar á cultura dos castros entre o macizo galaico e o río Douro, cultura na que deixaron a súa impronta tamén os romanos.
Posteriormente, Galicia será invadida por varias vagas xermánicas. Nun primeiro momento os suevos farán de Galicia o primeiro Reino independente de Europa, máis adiante, este reino será anexionado polos visigodos. Galicia recibirá tamén, no transcorrer da súa historia, a viquingos, bretóns e musulmáns. Coa chegada dos musulmáns á Península Ibérica dúas cidades galegas serán atacadas: Santiago de Compostela e Lugo. O reparto do antigo reino visigodo, que se fai entre árabes, sirios e bérberes, dálle a estes últimos a franxa noroeste. As condicións climáticas incomodan a este pobo, procedente do Magreb, así que deciden non asentarse. Galicia, ao igual que outros territorios da Península Ibérica, tamén chegaría a ter nalgunhas cidades unha importante comunidade xudía, principalmente na zona de Ribadavia e Ourense. Tamén cabe destacar na cultura galega a influencia cultural chegada dende América Latina, dende as Illas Británicas e dende o centro de Europa, grazas ao Camiño de Santiago.
Cultural e lingüísticamente as comarcas españolas do Bierzo (Castela e León) e o Eo-Navia (Asturias) son análogas a Galicia. Tamén posúe patróns conxuntos coas rexións lindantes portuguesas de Tras-os-Montes e Baixo Minho na música, nos costumes e nas tradicións.
A cultura galega, entón, é froito da fusión de elementos culturais achegados por moi diversos pobos que se estableceron en Galicia ao longo da súa historia.
A consideración de Galicia como nación e unha procura constante dun maior grao de autogoberno son defendidas por un número significativo de cidadáns. As tendencias nacionalistas, e mesmo as non-nacionalistas, en Galicia son, na súa meirande parte, de tipo federalista, isto é, a formación dunha federación co resto dos actuais territorios españois. Ademais, tamén existen grupos independentistas.
Galicia posúe uns 2,77 millóns de habitantes (2007), cunha distribución poboacional que aglomera a meirande parte da franxa entre Ferrol e Vigo. Santiago de Compostela é a capital cun estatuto especial, dentro da provincia da Coruña.
Denominación
Na Antigüidade os gregos a chamaban "Kallaikia" (καλλαικια) e aos seus habitantes "kallaikoi" (καλλαικoι), que era o nome co que os habitantes da cultura castrexa se coñecían a si mesmos. O topónimo evoluíu a "Gallaecia" baixo a administración romana. Na época medieval constituíuse como reino independente, co nome de "Reyno de Galicia" formando parte integrante posteriormente do Reino de León, malia manter o seu carácter de reino (Reyno de Galicia) ata a chegada do absolutismo no século XIX, momento no cal (1833) se crearon as actuais provincias galegas e se creou como tal a coroa española, unificando as diversas coroas de "las españas", que o monarca posuía. No período transicional entre a Idade Antiga e a Idade Media, Galicia foi chamada ocasionalmente Suevia debido a que este territorio foi o centro no cal se estableceron as etnias invasoras dos xermanos suevos (ou suavos).
-------------------------------
Homónimos
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que compartirían o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión.
Galicia pode referirse a:
* Galicia no noroeste da Península Ibérica, tamén chamada Galiza. Segundo as normas de 2003 da Real Academia Galega: "...Galicia, voz lexítima galega, denominación oficial do país e maioritaria na expresión oral e escrita moderna. Galiza é tamén unha forma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo."
* A rexión chamada Galitsia en Polonia.
* Nova Galicia, unha rexión, nada como parte da Nova España, que no S.XVIII pasou a formar parte da Intendencia de Guadalajara, actual México. Ao conquistar México a súa independencia este reino cambiou o seu nome polo de Estado libre e soberano de Jalisco.
* Nueva Galicia xornal publicado na cidade de Madrid.
COMENTARIO
O Leviatán ha dejado un nuevo comentario en su entrada "Galicia e Galiza son formas históricas lexítimas g...":
Anda xa. Vos sodes a ostia. Sempre queredes te-la razón e esta vez deronvos polo cú -como diría mi abuelo-... O sexa, a Academia da Lingua os dice o contrario e vos raña, que raña... Sodes do que no hai, alacráns touceiros cos petos enchidos. Ríome do voso comportamiento.
MEU COMENTARIO
Leviatán, eu límitome a recoller o parecer da Real Academia pero non teño nada en contra que chamemos a NOSA TERRA como cada un lle pete.
Intento poñer información no meu blog, non insultar
Un saúdo
Inés
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
Anda xa. Vos sodes a ostia. Sempre queredes te-la razón e esta vez deronvos polo cú -como diría mi abuelo-... O sexa, a Academia da Lingua os dice o contrario e vos raña, que raña... Sodes do que no hai, alacráns touceiros cos petos enchidos. Ríome do voso comportamiento.
Publicar un comentario