martes, 24 de junio de 2008
Remataron as clases e fun pasar o verán con meus avós. Metín o loro na súa gaiola e leveino
Ao chegar a Barciademera meu avó creo que estaba máis entusiasmado co loro que comigo. Axudoume a colocalo no sobrado e xa non tiven que preocuparme máis polo animal. O avó levaballe uvas, mazás, millo e o loro chámaballe PAPAAAAAAAAAAA PAPAAAAA tan pronto o miraba. FAlaban e falaban e creo que o avó chegouse a convencer que o loro o entendía
Polas tardes eu ía xogar á praza e un día levei o loro. Non sei si foi para que o animal tomase o sol ou para que os rapaces sentiran envex. Collin un paraugas metinno nas baleas e cando cheguei ao San Amaro deixeino no palco da musica. Todolos rapaces a dicirlle cousas e o loro repetindo o que xa sabía.... papaaaaaaaa, lorito, loritoooooo borrachoooooooo. A ledicia durou media hora e todos voltamos a nosas cousas. Os nenos a xogar as bolas e as nenas liamos contos con Anxos que estaba nunha camiña ao sol. Non sabíamos ben o que lle pasaba pero non podía andar
De repente apareceu correndo, colorado coma un tomate, José María do Caxil: Acudideeee, acudideeee, berra. Xosé dos Folgos está a matar a María da Costureira
Todos quedamos a mirar...
Os homes que estaban a xogar ás cartas nas mesas diante da taberna de Secundina comezaron a rir. O rapaz coa cara a punto de estoupar seguía berrando. O señor abade, Don Eduardo que estaba falando co maestro na praza, colleuno pou un brazo e dixo: Calla niño, no pasa nada.
Que si Señor abade que eu o vin cos meus olliños, o señor Xosé está enriba de Maria da Costureir e está a bater nela. Que están ali debaixo da viña
Todos rían coma parvos. Non podiamos entender nada... un home estaba matndo unha muller e rían?
Estabamos alporizados cheos de carraxe ¿Quen pode entender aos maiores?
Nese intre estoupou un foguete e o loro que xa todos esqueceramos saiu voando por riba das nosas cabezas
Cando cheguei a casa o meu avó so preguntou ¿Perdeches o loriño?
Non me falou durante uns días e na casa houbo un disgusto coma se morrera alguén da familia
Pasaron os dias e cando o loro xa estaba esquecido, veo pola casa Xaquina do Xanelas. Era prima do meu avó e madriña do meu pai. Como a miña avoa e ela eran comadres tratabanse con moito respecto
Estaban as dúas a falar no patín, mentras Xoaquina acababa de limpar un polo que a mina avoa acababa de matar
A miña avoa gustaballe que ela rematara o traballo porque poñia os lentes na punta do nariz e non quedaba nin unha pluma por moi pequenas que foran
Señora Adelaida ¿Sabe que mañá comenza unha novena polas almas dos difuntos? Dixo
Ah si? A mina avoa importabanlle pouco as cousas da igrexa, ela nunca ía
Si, continuou a Sra Xoaquina ¿Non sabe que hai espiritus na carballeira? Teñen que ser almiñas de rapacen porque pasan toda a noite berrando: papaaaaaaaa, papaaaaaaaaa
Sain correndo a buscar a Anita do Canelas. Xa era grande, tiña polo menos 20 anos. Tan pronto abrin a boca, colleu unha escaleira e fomos a carballeira
O loro asi que nos mirou fixo unha festa. Collemolo e xa ficou na súa gaiola o resto do verán
A novena foi milagrosa, so foi comenzar e as almiñas dos difuntos desapareceron
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario