jueves, 26 de mayo de 2011

O BNG NA ESTRATEXIA POLITICA EN VIGO

Meu amor é mariñeiro
e vive no alto mar;
son os seus brazos o vento
ninguén llos pode amarrar.
Meu amor é mariñeiro
e cando me ven falar
pon un carabel nos beizos
no corazón un cantar.

EU SON LIBRE COMO AS AVES
E PASO A VIDA A CANTAR;
CORAZON QUE NACE LIBRE
NON SE PODE ENCADEAR.

Traio un navío nas veas
eu nacín pra mariñar;
quen tente porme cadeas
háme primeiro matar!
Vale máis ser libre un día
no confín do bravo mar,
que vivir todad a vida,
preso, escravo e a calar!

El vive alá lonxe, lonxe,
onde brúa o bravo mar,
e coa súa forza inmorrente
onda nós ha de voltar!

EU SON LIBRE...

Nun momento, de repente,
eu sei que un día virá,
como se o mar e o vento,
en nós abrise a cantar.

HEI PASAR POLO LUGARES
COMO O VENTO NO AREAL
ABRIR TÓDALAS VENTANAS
COA ESCRAVITUDE ACABAR!

Polas rúas das ciudades
hei de pasar a cantar,
traguendo na mau direita
a espada da libertá.
Como se un navío entrase
de supeto, na ciudá,
traguendo a voar no mástil
bandeiras de libertá!

HEI PASAR POLO LUGARES
COMO O VENTO NO AREAL
ABRIR TÓDALAS VENTANAS
COA ESCRAVITUDE ACABAR!



Santi Domínguez explicou que na xuntanza analizáronse os “malos resultados electorais” e falouse da estratexia política a seguir. Tamén se tratou a continuidade do propio Santi Domínguez despois de que o pasado domingo puxera o seu cargo a disposición da organización. “Entendo que cando unha persoa encabeza unha lista e obtén malos resultados debe poñer a disposición o seu cargo”, indicou.

O nacionalista engadiu que unha “ampla maioría” non aceptou a súa renuncia e decidíu a súa continuidade ao fronte do BNG en Vigo. “Iniciamos un novo traballo, escoitando á cidadanía, con novos folgos e novas ilusións”, comentou á respecto da nova etapa que se abre para o BNG na cidade tras as eleccións do pasado 22 de maio.

Preguntado polas posibilidades de pactar co PSOE para formar parte do goberno vigués, asegurou que “non toca falar de pactos ata este sábado”, cando no Consello Nacional se analicen as estratexias de futuro.

Respecto ás declaracións efectuadas pola número 2 do PSOE de Vigo, Carmela Silva, nas que recoñecía o traballo do BNG, indicou que “Caballero vai ser alcalde en boa medida grazas ao traballo e a xestión do BNG”. Santi Domínguez manifestou que o BNG vai tomar as decisións escoitando á cidadanía en base a dous criterios claros, que o PP non goberne a cidade e que dentro do grupo de goberno “puntuou máis ao PSOE que ao BNG”.

En resposta a cuestións sobre as alternativas que baralla o BNG, o nacionalista indicou que “só hai dúas posibilidades, porque co PP non imos pactar”. Polo tanto, segundo sinalou, só caben as posibilidades de “pactar un novo goberno co PSOE ou estar na oposición”. Segundo Santi Domínguez, dos resultados electorais do pasado domingo dedúcese que a cidadanía “non quere que goberne a dereita e non vota valorando ou non a posibilidade de pacto”.

MEU COMENTARIO-

Imos analizar por partes.

Para comezar o descontento é ben patente, non creo que descubra nada novo (?)

Carmela Silva y o Sr Caballero agora so falan do gran home que é Santi Dominguez e o ben que o fixo o BNG. A cousa pasou de "esos chicos" a QUE GRANDES PERSOAS.

Si, estamos neste mundo e xa sabemos iso DAS ESTRATEXIAS DE PARTIDO...cada un suicidase como quere.

A XENTE NON QUERE QUE GOBERNE A DEREITA (ja, ja, as miñas desculpas, perdón) ¿O PSOE representa a esquerda?

Intento analizar as cousas "desde fora", polo mundo que me rodea, sei do traballo ben feito do BNG, pero en política, coma todo na vida, non é so traballar, tamén é importante de vez en cando "dar unha patada no ar" e deixar ben patente que un non é un "pelele de ninguén"

Agora que todo se resolva en democracia e que gane A MELLOR CAUSA

No hay comentarios: