sábado, 31 de marzo de 2012

CARTA A PUCHO



Querido Pucho:

¿Que nos pasou? Levo días pensando sobre o asunto...unha vez máis síntome utilizada pero amigo meu, nos somos uns utópicos e volveremos caer. A política está en mans de homes e mulleres, e xa se sabe.. Nós soñamos nun so fin GALICIA, por enriba de ideoloxías e baixezas humanas- - UNS UTÓPICOS-. Despois da traizón, porque nos sentimos traizonados, non si? Quen nos meteu en toda esa trapallada? Resulta que apoiamos, estivemos ahí para o que foi preciso e agora Ahi QUEDADES. Eu preciso un tempo para pensar. Estes nosos PERSOEIROS están a vivir os seus últimos momentos na política.

Agora aprobaron os orzamentos do concello. Non sei de que me sorprendo, xa hai ben tempo que me dixeron que as cousas ian ser así.. e mira que defendin ao individuo "a morte" Pucho... pois mira, as nosas vidas xa pasaron "o ecuador" pero ahi temos o sol, a lúa e principalmente O MAR aproveitemos mentras poidamos. Todos estes mentras non se decaten que GALICIA ou GALIZA, tanto me ten, E DE TODOS, non é propiedade so duns poucos CON PENSAMIENTO UNICO- IMOS NINGURES

UNHA APERTA