lunes, 26 de marzo de 2012

José Ángel Valente-CANTIGAS DO ALEN



Amarelece acedo o tempo
e non hai tempo
para máis desdecir a morte.

Mariñeiro que levas
a barca do pasar,
na enxarcia a paxariña
inda di o seu cantar.

Escóitoa alén do tempo.

FISTERRA



Image Escoita, mai, voltei.

Estou no adro
onde aquel día o grande corpo
de meu avó ficou.
Inda oio o pranto.

Voltei. Nunca partira.

Alongarme somente foi o xeito
de ficar para sempre.