martes, 2 de febrero de 2010
FERRIN PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA
Xosé Luís Méndez Ferrín, nado en Ourense o 7 de agosto de 1938, é un político e escritor galego amplamente recoñecido como un dos referentes da literatura galega contemporánea e membro da Real Academia Galega desde o 30 de setembro de 2000, da cal é presidente dende o 23 de xaneiro de 2010.
Con pólvora e magnolias
(fragmento)
Xosé Luis Méndez Ferrín
Sentarame ben chorar nesta noite
porei irlanda vilanova dos infantes dúas rosas no ferrol de ferro
e os teus ollos infideles no gume do crepúsculo
intentarei porme diantre de min por unha vez
e deixar nas portas bandeiras esfarrapadas pimentel e sirgos rotos
sentarame moi ben chorar e unha paipa
darame ese ton o'casey cuando fillos de carne miña e non de pedra pómez
desfanse en abalorios antre os deos
[...]
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario