jueves, 25 de febrero de 2010
EU SON GALEGA
Esperaba eu, hoxe, a pombiña coa ponliña de oliveira no pico, mais non...as cousas seguen igual...chove e zoa o vento na carballeira coma sempre dicía alguén que eu ben me sei.
E deuseme polas lembranzas...día de debullar o millo ao redor dunha cesta, os gatos durmindo case enriba dos tizóns da lareira e o can ollando con tristura coma a auga resbalaba polos cristais das fiestras. Os avos falaban sen deixar de dar co carozo contra a espiga até que a conversa ía amainando e as cabezas caían sobre o peito e a pingueira na punta do nariz...
E que foi o que dixo Rosa Diez? Chamoulle galego a Zapatero? A ver se consigo entender. Zapatero sentiuse ofendido? Os galegos sentimonos ofendidos?
Se fose a primeira opción (mellor non digo nada)
A min Rosa Diez non me ofende por chamar a alguén galego, porque teño moito a honra selo. Esa señora XA NOS FALTOU ao respecto dabondo cando se puxo ao frente daquela manifestación contra A LINGUA GALEGA. Cando chama galego no senso de insulto pensará naqueles que ían con ela nesa manifestación?
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario