domingo, 7 de febrero de 2010

CONFLICTO ENTRE EL GOBIERNO Y LA XUNTA





Gran frente político y social para apoyar la fusión de las caixas, tras el recurso de Zapatero


Firma del manifiesto por, desde la izquierda, Carlos Pardo, secretario de Organización de CCOO-Galicia; Antonio Fontenla, presidente de la CEG; Alfonso Rueda, secretario xeral del PPdeG; Guillerme Vázquez, portavoz del Bloque; Xesús Seixo, secretario xeral de la CIG, e Irene Martínez, secretaria de Organización de UGT-Galicia. Detrás, Puy, Rodríguez Miranda, Blanco, Ruiz Rivas, Montse Prado y Aymerich.


Casi al mismo tiempo que el Consejo de Ministros confirmaba el peor de los diagnósticos para la Lei de Caixas, PPdeG y BNG aparcaban sus diferencias y, acompañados por el presidente de la Confederación de Empresarios, Antonio Fontenla y por los representantes de UGT, CCOO y CIG, se exhibían como una plataforma conjunta en contra del recurso del Gobierno que traslada la refriega política al ámbito de las diferencias competenciales entre el Ejecutivo y la Xunta.


Con un mensaje unívoco, Galicia ten dereito, y con la prevista ausencia de los socialistas gallegos, la escenificación del rechazo a la medida consumada por el Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero quedó plasmada en un manifiesto conjunto que sus impulsores trasladarán a otros colectivos para sumar el mayor número de adhesiones.



EL MANIFIESTO

Galicia ten dereito a ter un sistema financeiro ao servizo do país, regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital, polo tanto, preservar a Lei de Caixas de Galicia.

Galicia ten dereito a que o estado respecte o seu autogoberno. Que non nos dean tratamento de autonomía de segunda, cuestionando a constitucionalidade da lei galega, se non se fixo coa vasca, a catalá ou a andaluza. Por que se recorre a nosa e non a deses outros territorios? O Goberno central debe reconsiderar o asunto e aceptar que as institucións galegas de autogoberno, dentro do marco competencial vixente, teñen capacidade para dotarnos do marco xurídico que se considere máis acaído para defender os intereses de todas as galegas e galegos, como ordena o Estatuto de Autonomía de Galicia, regulado polo seu Parlamento, como expresión do autogoberno. É vital, polo tanto, preservar a Lei de Caixas de Galicia.

Galicia ten dereito a propiciar a fusión das súas caixas. O Goberno central tamén debe aceptar que as institucións galegas teñen tanto dereito como as de calquera outra comunidade autónoma para impulsar unha fusión dentro do país, cando se cumpren as mesmas condicións. Galicia ten dereito a preservar e garantir a galeguidade das caixas galegas coa súa fusión. Unha fusión paritaria, da que xurda unha caixa solvente como mellor garantia para os seus traballadores, os impositores e todas e todos os galegos. Está en xogo boa parte do noso futuro, a dignidade do noso autogoberno e preto de 80.000 millóns de euros en activos, isto é, a maior parte do aforro das galegas e dos galegos. Está en xogo que ese aforro se invista aquí ou se desvíe cara a financiar o desenvolvemento doutros territorios .

Ref. EL CORREO GALLEGO

No hay comentarios: