martes, 2 de febrero de 2010

A FEIRA DE VALENÇA




A estación de Valença recordoume a esas que miras nas películas do Oeste. Solitaria, con dous bancos de madeira cheos de po.

A feira estaba "super". Aínda tardamos ben media hora en percorrela. Había de todo, cousas de madeira, roupa, louza e até "compact-disks". Merquei unha mochila que xa me costou 1500 escudos. Logo preguntei polo precio duns calzóns. Despois de deixar ao home coa cara abraiada ao dicirlle que eran para mín, deille os 300 escudos que me pediu e xa fiquei sen blanca.

A avoa de Paula dixo que xa era hora de xantar, así que pouco a pouco fomos subindo á Fortaleza. Entramos nun restaurante e unha señora moi sorrinte preguntou ¿Van xantar as señoras?

A avoa de Paula moi sorrinte tamén e como se fora a cousa máis natural do mundo respostou- "Si señora, pero o xantar xa o traemos nós"



A muller do restaurante, sen perde-la compostura, ofreceunos unha mesa que xa estaba arranxada para xantar, e aínda que a avoa de Paula protestou, porque a amabilidade da muller xa lle parecía excesiva, non tivemos máis remedio que sentar.

Pronto a mesa quedou cuberta de fiambreiras. A avoa de Paula meteu anacos de polo e Xan Xacobes en pan e repartiu entre nós. Ela como estaba seguindo "a dieta do pexego" que mirara nunha revista, puxo dous anacos de polo sen sal nun prato, noutro dous péxegos e nun terceiro un yogur. Pediu unha botella de auga para todos e a muller do restaurante seguía orredor nosa cunha amabilidade que a min xa me parecía enfermiza.

Cando saímos moitos feirantes estaban tirandos pola herba cos restos de arroz o seu redor. Un estaba deitado coas pernas abertas e tiña un buraco no pantalón tan grande que a avoa de Paula dixo: "Correr, correr que lle vai sair a pelana"


Ruth quería mercar un pantalón, xa deramos un cento de voltas pero aínda non escollera. Por fín atopou un que lle gustou pero no posto non había ninguén. Por fin pola porta dunha "furgalla" asomou un home coa boca chea de comida.

Podo probar este pantalón?- Preguntou Ruth, tan alta, tan fina, tan chea de razón coma sempre

O home sinalu coa man.

Miramos un espacio entre dous tenderetes, e Ruth, abraiada, non sabía que facer.

Proba por enriba dos que tes postos, berreille


Ao chegar de volta á estación mercamos unhas Cocacolas. Estaban ben noxentas así que entramos no baño a lavalas... había dous retretes. Un en fronte do outro, un estaba ocupado e o outro tiña a porta aberta. Mirei que a taza estaba ben lonxe e pregunteime como estaría sentada aquela muller para sairlle un pé por debaixo da porta.

Montamos no tren e despedimonos de Portugal até que me faga cuns cantos escudos

No hay comentarios: