martes, 12 de mayo de 2009
A RIA DE VIGO
estrelas dijo...
Foron incapaces de conseguir 70.00? Supoño q o punto fugouse, pero só custa 7.000 ou falta un "0"?
9 de mayo de 2009 12:45
------------
MEU COMENTARIO
Non interesa.... para algunha xente non lle importaría que a ría chegara a ser un cemiterio de peixes, SO A VEN "COMO CHAN INDUSTRIAL".
Cada vez que toco este tema, teño grande dificultade para escribir porque a carraxe paralizame os dedos....
Lembrome cando saía nun barquiño con "PEPE VENENO". El pescaba "ao Neptuno", saltaba enriba das bateas e cun "garfo" espichaba os peixes. Ummm que bos os muxeles de batea!!!
El mostroume como había zonas arenosas cheas de crías de centolo, necora e camaróns- Unha riqueza abraiante!
"Eu son moi antigua". Ese foi un comentario que me puxeron en resposta a un escrito que fixen nun diario.....aínda son capaz de mirar un cadro e penso que as plantas son seres vivos...Manda carallo na Habana!
Si, quero seguir sendo unha antigualla, quero seguir sen comprender ese "PROXECTO MARABILLOSO" que remata con un monolito no medio da ría.
Xa estou moi farta deses empresarios que miran con desprecio aos que non pensan QUE ELES SON OS SALVADORES. O Porto é unha riqueza para nosa cidade, si, pero A RIA E DE TODOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario