lunes, 25 de mayo de 2009
A NOSA LINGUA
E a min como a Ramón Piñeiro unha das cousas que máis me sorprendeu na escola foi o cambio de língua, si.
Levaronme á "aldea" con tres anos e voltei con seis. Pasei da escola de Dona Xosefa a un colexio de monxas seglares. Non entendía nada. Non comprendía porque tiña que ir encorsetada dentro dun uniforme con colo duro. Vigo resultabame unha cidade, triste, áspera. Eu morría un pouco por dentro e a Señorita Corujo chamabame "cabeza de sal" porque eu non comprendía moi ben o que me dicía, eu falaba a língua dos "aldeanos". Mira que pasaron anos e nunca esquecín nin seu nome nin a súa cara. Non falo con xenreira, é ben certo que ese colexio nunca me gustou e non teño nin sequera unha lembranza de ter aprendido algo alí, pero ao mellor son cousas miñas e algo de pouso me quedou...
Falando un día con meu pai, non hai moito tempo, dixo que sempre lle quedaron remorsos de me ter deixado na aldea, que el ben sabía que eu o pasara mal nos comezos da escola, aínda que non dixera nada e que sempre pensou que a perda dese tempo non fora boa para a miña formación.
Perda de tempo? ¿Como unha persoa a que eu consideraba intelixente podía estar dicindo semellante cousa?
¿Como ía eu saber que a noite sigue ao día, que as estrelas teñen nome e que un non é máis que ninguén pero tampouco menos?
Ia con meu avó a pacer o gando. O X encargabase de tornar as vacas si entraban na veiga dalgunha veciña e nós deitabamonos na herba, de cando en vez o can viña buscar un agarimo do seu amo e os dous rodaban polo chan. Xúrobos que aquel can ría. Un can era un can, so iso. Comía sobras durmía fora da casa e recibía un aloumiño como pago a unha tarefa ben feita. Cando daban as doce, non era que escoitaramos ninguha badalada, non, o avó miraba para o sol e dicía, "é mediodía, imos xantar". Eu ollaba para el é sabía que era o home máis listo da terra.......bueno, que terra.... do mundo mundial!
Polas noites ceabamos baixo a luz do candil de carburo. Os maiores falaban, bueno as que falaban eran as mulleres. María Rosa e a avoa sempre planificaban as tarefas do día seguinte e o avó ollaba para min "seica chegou a tío Pedroso?" dicía ao tempo que levantaba a chaqueta e eu durmía contra o seu brazo, tranquila como un polo baixo as asas da súa nai.
Os alicerces dunha personalidade fanse nos primeiros anos de nenez e eu dou grazas porque así foraN a construcción dos meus. Un non é nada si non sabe quen é de onde ven. A min que me gusta a arte penso que si non tes nada dentro non podes contar.Un transmite a través dos seus sentimentos de dentro cara afora........
E con isto pasa como coa língua. "A arte é universal", din - E VEÑA, TODOS A FACER O MESMO-...
Despois visitas un museo en "New York" e pensas ¡Coño! Onde vin eu isto?
E claro ante a falla de personalidade é preciso explicar-
- "Tu ves una raya, pero en realidad es un pensamiento profundo depositado en el hipotálamo"
Acabo de chegar de Madrid é estiven con xente que si pensas que a língua é algo que temos que defender argumentan iso de
"TODO ESO SE CURA VIAJANDO"
Um, así que o viaxar fai esquencer o de cada quen.A min non me ten pasado ¿Botarán agora algúns polvos máxicos para que todos cheguemos a un mundo feliz?
¿E vos decatades que precisamente, NÓS, OS PRINGADOS, somos os que mellor nos entendemos coas xentes doutros sitios, non sendo CIUDADANOS DEL MUNDO?-
Claro, será por todo o contrario, porque sabemos que non somos máis que ninguén, que todo ser humano merece un respecto e quen non imos polo mundo a ensinar senón a aprender.
E ¿porque estou a escribir de todo isto?
Porque quero dar as GRAZAS este goberno da XUNTA.
Até agora, o ataque a nosa língua era soterrado. Un verme que traballaba sin ser visto e facía moito mal pero xa sabemos onde está.
Ao chegar onte, botei unha ollada por outros blogs - mesmo VIGOBLOG- e fiquei abraiada. ¿Somos "minifundistas" até coa língua?
O galego non é patrimonio de ninguén en particular, E PATRIMONIO DE TODOS, dos meus antergos, dos vosos, e por iso temos que defendela. Eu falo con xentes de tódalas tendencias políticas e defenden a fala e os nosos costumes, non por partidismo senón por sentimentos.
EU SI, FUN A SANTIAGO, porque crín que ali debería estar, e levei como bandeira un paraugas para a chuvia e a correa do can na outra man
UNHA APERTA A TODOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario