viernes, 11 de julio de 2008
FSGAL FORO SOCIAL GALEGO
Breogán enfronta a Davos
Xabier Macías-. Máis de 70 entidades respostaron en apenas quince días ao chamamento para se adherir en Galiza ao Día de Mobilización e Acción Global co que o Foro Social Mundial (FSM) celebra este ano o seu proceso alternativo ao Foro económico que a elite neoliberal realiza anualmente en Davos (Suiza).
Pensar e construír alternativas…
Alfredo I. Diéguez-. Na década dos noventa alzouse cunha potente voz o discurso da fin da historia; os tempos eran chegados: o capitalismo triunfante, vencido por fin o socialismo real, alzábase como único sistema viable e sen alternativa posible.
O Foro Social Galego e a nova fraternidade
David R. Rodríguez-. A «Restauración», tal como chama Alain Badiou á hexemonía do pensamento conservador e postmoderno que domina intelectualmente desde 1970 até os nosos días, rexeita a idea do «nosoutros». Conscientes dos excesos cometidos durante o século XX en nome dos ideais colectivos é tempo de articular un «nosoutros» dispar e respectuoso coa súa diversidade. O espírito dos Foros Sociais pode ser o camiño a seguir.
CONVOCATORIA PARA O FORO SOCIAL GALEGO 2008
[GAL] [POR] [ENG] [FRA] [CAT] [EUS] [DE] [ESP]
O Consello do Foro Social Galego, constituído o día 29 de marzo en Santiago de Compostela por mandato dunha Asemblea de Movementos Sociais celebrada o 26 de xaneiro en Galiza, fai un chamamento para a mobilización de todo o tecido social galego e toda a cidadanía do país, homes e mulleres que dun ou doutro xeito andan na procura dun outro mundo posíbel, para os vindeiros 5, 6 e 7 de decembro de 2008, cando terá lugar en Santiago de Compostela o primeiro Foro Social Galego.
QUE É O FORO SOCIAL GALEGO (FSGal)?
COMO PARTICIPAR NO FSGAL
Desde o Consello Dinamizador do FSGal artelláronse varias formas de participación:
sendo membro integrante do Consello Dinamizador do FSGal (para isto, escribir a forosocialgalego@forosocialgalego.orgEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver )
mediante adhesión individual ou colectiva ao FSGal
participando como voluntario ou voluntaria na organización do evento
ou simplemente, asistindo ás actividades que se ofrecerán no espazo libre de entrada.
Tamén podes participar achegando ideas, propostas, suxestións aos catro eixos temáticos definidos máis enrriba no Foro de discusión do FSGal. A web fornece dun espazo, o FORO DO FORO, para participar e buscar alianzas para a realización de actividades.
Xa hai data para o Foro Social Mundial 2009
O Consello Internacional –CI– do Foro Social Mundial reuniuse en Abuja (Nixeria) entre o 30 de marzo e 3 de abril e confirmou a data exacta de realización do vindeiro FSM 2009 en Belém do Pará, no Brasil. O evento acontecerá do 27 de xaneiro ao 1 de febreiro do ano 2009.
Suecia prepara en Malmö o Foro Social Europeo
Europa en Movemento: Como cada dous anos dende 2002 o Foro Social Europeo volverá reunirse, desta vez na vila de Malmö (Suecia) entre o 17 e o 21 de setembro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario