O MEU COMENTARIO-
¿Savater filosofo?
(La filosofía es el estudio del pensamiento y la justificación de las creencias; en definitiva, filosofar consiste en pensar o razonar acerca del mundo que nos rodea)
O único que conseguen e que as persoas coma min, que o único que queremos é vivir en paz, nos obrigan a radicalizarnos.
Sorprendeme moito que persoas como OSCAR PEREIRO ou LUZ CASAL asinen o devandito manifesto
Savater
A Federación de Escritores “Galeusca” responde ao Manifesto de Savater
# Consideran que o galego, o éuscaro e o catalán "non son inventos recentes senón linguas normais".
# Repudian "os intentos de exclusión que colegas escritores españois realizan das nosas linguas" e lamentan que "dediquen a combateren o máis próximo e asimetricamente discriminado".
Viernes, 11 de julio de 2008
Savater sostén a necesidade de garantir o uso do castelán ante a discriminación que sofre nalgunas comunidades.
XORNAL.COM I A Coruña.- O “Manifiesto por una lengua común” promovido por Fernando Savater, e apoiado por intelectuais, medios de comunicación e políticos, xa ten resposta dende a Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca”. Esta federación considera que “a realidade plurilingüe que conforma e dá existencia ao estado español, lonxe de ser entendida como unha asimetría ou deficiencia per se, está a reproducir de xeito transparente unha diversidade lingüística e cultural común á maioría dos estados que conforman a Europa plurilingüe”.
Apuntan tamén a que o galego, o éuscaro e o catalán “non son inventos recentes senón linguas que foron normais nos seus territorios e sociedades respectivas durante centos de anos. A súa desnormalización, a súa perda de usos públicos, non se produciu de forma natural, senón, mesmamente, por invasión da lingua que se decretou como oficial do estado, sen consulta nin acordo previo”.
A Federación de Escritores remítese ao artigo 3 da Constitución que xa garante a presenza do castelán e consideran que “a cidadanía de Galicia, Euskadi e os Países Cataláns asume na práctica esa esixencia, pois non hai persoa que non teña unha boa competencia en castelán, ora a teñan como primeira lingua, ora como segunda. Porén, respecto do galego, do éuscaro e do catalán a lexislación non prevé a obriga de seren coñecidos nos seus respectivos territorios, o que establece unha asimetría nos dereitos lingüísticos da cidadanía que quere exercer o dereito, que lles é recoñecido, a usalos”.
Recordan que o galego, éuscaro e catalán tamén son linguas oficiais nos seus territorios, “que é o mesmo que dicir que son as linguas propias de aproximadamente o 40% da poboación do estado español”, e que o dereito ao uso público, en todas as instancias, da lingua propia está recoñecido en todas as lexislacións democráticas do mundo.
“A visión anuladora que da enriquecedora realidade plurilingüe española se transmite desde o “Manifiesto” leva a pensar na similitude coas teses da etapa franquista: un Estado, unha lingua, e, consecuentemente, a reforzar as formulacións diferenciadoras entre cidadáns de primeira e de segunda por razón de lingua. A competencia plurilingüe, tamén para os cidadáns españois nados en comunidades autónomas cunha única lingua oficial, sempre será unha chave que abra o mundo, que abra as fronteiras do respecto polo outro desde a interpretación dunha relación de equidade entre os seres humanos, independentemente do seu lugar de nacemento, de residencia e de lingua propia. Además, o “Manifiesto” parte dunha premisa que non se corresponde coa realidade, pois en ningún caso o castelán corre perigo ningún en todo o territorio do Estado”, continua o manifesto.
A Federación Galeusca cre que imprescindible garantir a liberdade lingüística: “garantir os dereitos constitucionais que temos tamén os falantes de catalán, éuscaro e galego precísanse políticas lingüísticas que creen as condicións para exercelos, tal e como ditou o Tribunal Constitucional na sentenza 337/1994 cando avalaba un trato desigual, que non discriminatorio, para as dúas linguas oficiais en función do carácter propio dunha delas que fai preciso unha acción normalizadora que debe, necesariamente, implicar accións de apoio singularizado”.
Por último, as escritoras e os escritores galegos, vascos e cataláns din que “repudiamos enerxicamente todos os intentos de exclusión que colegas escritores españois realizan das nosas linguas e lamentamos que, no canto de se preocuparen pola saúde do español en Puerto Rico, Costa Rica ou os Estados Unidos, se dediquen a combateren o máis próximo e asimetricamente discriminado”.
# O Manifesto
O filósofo Fernando Savater, o escritor Mario Mario Vargas Llosa, o director de teatro Albert Boadella e outros intelectuais presentaron o pasado mes de xuño en Madrid o “Manifiesto por una lengua común”. É un texto no que se piden cambios constitucionais e legais para garantir o dereito dos españois a estudiar ou usar o castelán en todo o país.
"Baixo esta premisa e a partir do texto os firmantes solicitan ao Parlamento as modificacións ou esclarecimentos tanto constitucionais como estatutarios que garanticen en todos os campos e en todo o territorio nacional os dereitos de quenes opten pola lengua común", explicaron.
Savater explicou que con esta iniciativa pretende plantexar solucións á discriminación que, segundo él, o castelán padece en comunidades como Galicia, Cataluña e o País Vasco.
Este grupo de intelectuais piden que se “explicite” na Constitución o uso do castelán. Ademáis, suxieren que nas administracións autonómicas non obriguen aos funcionarios a coñecer as linguas da comunidade e que os carteis e rótulos dos comercios non sexan só na lingua dunha rexión.
O texto tamén esta firmado pola historiadora Carmen Iglesias, Aurelio Arteta, Félix de Azúa, Albert Boadella, Carlos Castilla del Pino, Luis Alberto de Cuenca, Arcadi Espada, Alberto González Troyano, José Luis Pardo, Ramón Rodríguez ou José María Ruiz Soroa.
O “Manifiesto por una lengua común” tamén está apoiado por varios medios de comunicación, políticos e personalidades sociais, culturais e deportivas: El Mundo, Telecinco, Telemadrid, o PP, Unión, Progreso y Democracia, o tenor Plácido Domingo, a académica da RAE Ana María Matute, o toureiro Cayetano Rivera Ordóñez, investigadores como Carlos Simón, Cesar Nombela ou Rubén Moreno, o porteiro do Real Madrid Iker Casillas, o adestrador Luis Aragonés, Luz Casal, Margarita Salas, Santiago Grisolía, César Nombela, Óscar Pereiro, Pedro Delgado, Enrique Cerezo, Ángel Nieto, etcétera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario