martes, 9 de junio de 2009

NOTA DO BNG


*O BNG rexeita as ameazas e insultos sufridos pola presidenta de Galicia Bilingüe* * * */Vigo, 9 de xuño de 2009.-

*O BNG REPUDIA OS ATAQUES E AS AMEAZAS LANZADAS CONTRA A PRESIDENTA DE GALICIA BILINGÜE*

O Bloque Nacionalista Galego da comarca de Vigo repudia os ataques e as ameazas lanzadas contra a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago. A formación nacionalista quer expresar a súa repulsa ante calquer tipo de violencia verbal ou material que se exerza contra as persoas ou contra as súas propiedades. Nengunha discrepancia ideolóxica –e o BNG sitúase nas antípodas das posicións que en materia lingüística adopta a organización que preside Gloria Lago- pode ser invocada para xustificar o uso da violencia contra as persoas.

No hay comentarios: