Xurxo Martínez Crespo-
Nace en A Coruña, o 11 de outubro de 1914. Aprende pintura en Santiago de Compostela co mestre Juan Jesús González, quen, asemade, ensinalle a ler e escribir, e a quen recordará con admiración ao longo da súa vida.
Os seus estudos de pintura comezan baixo a tutela de Camilo Díaz Baliño, gran escenógrafo, muralista e pintor que pintaría moitos dos cartaces a prol do Estatuto de Autonomía para Galiza e que sería asasinado (“paseado”) un 14 de agosto de 1936.
Mentres estuda bacharelato, Mario, funda o equipo de fútbol "Deportivo Petit", entre os que está coma xogador o médico e posterior presidente da Xunta de Galiza Xerardo Fernández Albor.
Pero Mario é inquedo e máis que inquedo bule-bule. Con apenas 13 anos, en1927, Mario Granell funda a revista S.I.R. (Sociedade Infantil Revolucionaria). Nesta revista realiza os debuxos e coa colaboración do seu irmán, o mtamén pintor e músico, Eugenio, escribe os primeiros artigos literarios. S.I.R. non é unha revista calquera. Ademáis dos irmáns Granell tamén colaborán Arturo Cuadrado, Luís Mantenga, o artista galego-arxentino Luís Seoane, Feliciano Rolán e Carlos Maside.
Este neno precoz xa fai as súas dúas primeiras dúas exposicións aos 14 anos. A primeira en Santiago, na Sala Liste, na que recibe o bautizo da crítica en eloxioso artigo periodístico de Francisco Fernández del Riego, complementado cunha caricatura de Carlos Maside.
A segunda en Pontevedra, na Sala de Turismo, na que estiveron presentes Alexandre Bóveda, Xosé Filgueira Valverde, a familia Sesto e a presentación de Castelao que era profesor de debuxo nun instituto da cidade, desta exposición de Pontevedra marchan dúas obras ao Museo Pronvincial da provincia.
Clic para aumentar
Mario Granell á idade de catorce anos.
Ao ano seguinte, obtén o primeiro premio nunha colectiva en Vilagarcía, na que formaban parte do xurado Carlos Maside e Fermín Bouza Brey, e participa, con tres cadros, na Exposición Rexional Permanente de Santiago.
Castelao, Maside, Arturo Souto, Colmeiro e Cándido Fernández Mazas son os que realizan a renovación da arte galega e exercen de modelos sobre as novas promesas con nomes como Luis Seoane, Eugenio Granell, Urbano Lugrís, Laxeiro, Isaac Díaz Pardo e Mario.
Mario marcha coa súa familia en 1931, un ano antes de instaurarse a República en España. Alí trata ao debuxante e artista ourensán Cándido Fernández Mazas, a Arturo Souto e a Santiago Arbaos Ballesté, dos que recibe unha importante influencia. Incorpaorase ao grupo "Avance", sociedade de movemento xuvenil onde se realiza teatro, exposicións e a revista do mesmo nome e colabora na revista do mesmo. Asiste as clases de pintura dictadas na Universidade Popular por Federico Rivas, Peinador, Alonso, e o mellor da vangarda artística dun Madrid que está renacendo. Participa en varias mostras colectivas, unha delas realizada nos salóns do Ateneo de Madrid, na que tamén expoñen o artista e poeta andaluz Rafael Alberti e o pintor Luna.
Nesta exposición, o embaixador da República do Uruguay en Madrid, o galego-uruguaio Eduardo Dieste adquire dúas obras de Mario Granell e outras dúas de Arturo Souto.
Mario expón no Círculo de Bellas Artes, obtendo, neste último, un premio nun concurso de cartaces, e colabora en varios xornais madrileños.
En 1932, comeza a traballar nas oficinas do Mercado Central, como secretario xeral do Sindicato de Maioristas da Alimentación do sindicato socialista Unión General de Trabajafdores. Mergullase no mundo da política e participa na esquerda madrileña. Coñece ao pintor coruñés Crisanto Garrote, que estuda na Escuela de Bellas Artes de San Fernando. Garrote, bolseiro da Deputación de A Coruña morre traxicamente en Galiza en 1941.
Clic para aumentar
Mario Granell, “Fantasía galáctica”, tinta chinesa, 30x26 cm, 1971, Venezuela, serie “Mundo variopinto”.
En 1933, asiste ás tertulias nocturnas de Eduardo e Rafael Dieste na Granja El Henar e ás diurnas no Café de las Flores á que concorren, entre outros, o seu irmán Eugenio, Cándido Fernández Mazas, Fersen, Santiago Arbaos Ballesté, Carlos Arias, Federico Rivas, Urbano Lugrís, Alberto Fernández Mezquita, Roberto Blanco Torres, Bal y Gay, Otero Espasandín, Lorenzo Varela, Carmen Múñoz e Carlos Gurméndez. Tamén está presente nas tertulias (tanto literarias como políticas) que se efectúan en Negresco, La Polar, Café Madrid e El Molinero. Tamén frecuenta o Café do Hotel Gran Vía, onde Castelao asiste regularmente e ao que Mario coñece e trata desde fa¡ anos, cando vivía en Galiza.
En 1934, expaon en Santiago, Vilagarcía e Pontevedra, onde é altamente eloxiado e onde non pasa desapercibida a evoluciaon artística lograda nos últimos anos.
En 1935, participa na revista "Comunismo" que publica A Oposicion de Esquerdas, de magnífico contido sobre a teoría marxista, á cal pertencen o seu irmán Eugenio e Fersen (pseudónimo do ribeirense Enrique Fernández Sendón), na que tamén colabora o seu irmán Julio Fernández Granell e un amplo grupo de profesionais, médicos, avogados, técnicos de metro, estudantes, campesiños, obreiros, artistas como Portela, Pedreira, Eugenio Carré, os irmáns Fernández Sendón, Ernesto Tojo, Andréu Nin, Baldrich, Luis Aparicio, Arias, Andrés García de la Riva (Colombo), os irmáns Laclaustra, Juan Andrade, María Teresa Vallecillo, os irmáns Arenillas, Contreras, Alberto Fernández Mezquita e outros.
En 1935, fúndase o Partido Obreiro de Unificación Marxista (POUM), corolario da xuntanza do Bloque Obreiro e Campesiño (BOC) e Esquerda Comunista (EC), partido ao que estarán afiliados tanto os irmáns Granell, Mario, Eugenio e Julio, e outros galegos residentes en Madrid como Alberto Fernández Mezquita e Cándido Fernández Mazas.
En xullo de 1936 está Mario Granell en A Coruña cando estoupa a guerra civil sendo imposíbel volver a Madrid coa súa familia. Participa nas loitas a prol da República. Pasa un tempo no monte cun grupo de compañeiros. É buscado e perseguido. Agáchase na casa de Rosa Ustarroz Serrate, republicana, viúva do comandante Ramón Montero Vázquez, até que unha madrugada de febreiro de 1937, na praia de Bens, é capturado ao ser frustrada unha viaxe que el e un numeroso grupo de republicanos trataban de realizar a Francia, para chegar á zona republicana, máis tarde, a este grupo recordaráselle como "Os da lancha do monte de San Pedro". É torturado cruelmente pola Garda Civil, xulgado por un Consello de Guerra e condenado a morte. Como moitos outros, a súa condea a morte e conmutada pola de 30 anos de prisión e pasa varios anos no cárcere da Coruña co pseudónimo de José María. Durante a súa permanencia alí, escribe e ilustra os libros infantís "Emar, Marsa e Sorom" e "Olguita". Tamén ilustra dous libros máis: "Voces", escrito por Enrique Martínez, poeta coruñés, e "Romance de Terras Pardas", escrito polo poeta madrileño Manuel Martínez Remis, ambos compañeiros de cela. Executa outros traballos artísticos, dá clases de debuxo e pintura e estuda no cárcere. Coñece a Justo Galán, debuxante de "Juventud Roja"; Carnicero, debuxante do "Mundo Obrero"; Jorge Tell, gran debuxante e arquitecto; Paco Comesaña, médico; Luís Cornide, avogado; Antonio Santamaria, industrial; Luís Vidal, xuíz; Luís Rufilanchas, deputado na República; e cos estudantes Tomasín, Fernando Castelo e Mantiñán.
En outubro de 1943 recobra a súa liberdade física pois os cárceres franquistas enchéronse dos perdedores da guerra civil, e os ajuiciados antes do 1939 foron liberados. Comeza para Mario un calvario na España escura e paifoca do nacional sindicalismo. Na España dos vencedores e vencidos, na que el é un dos vencidos. Pero Mario é home ingenioso e cheo de recursos no seu maxín.
Comeza a traballar en A Coruña realizando varios murais para o novo Cuartel de Sanidade. Decora a sala de festas "Miramar" e varios establecementos comerciais, debuxa para empresas públicas, pinta un mural lateral no pavillón do Museo do Mar e pinta murais en apartamentos privados.
Decora o Casino do Ferrol o Hotel Compostela de Santiago e Teatro Bergidum de Ponferrada.
Despois destes traballos Mario Granell marcha á illa da Toxa para decorar o hotel do balneario. Contratado para a decoración do Teatro Fraga se instala en Vigo.
Rematada a decoración do Teatro pasa a formar parte do equipo. Fai deseños e escenografías, colabora con debuxos e artigos no xornal "La Noche"; obtén varios primeiros premios en concursos de cartaces en Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Vilagarcía e Santander.
Durante anos expón, con marcado éxito nas máis importantes cidades de Galiza e en diferentes puntos do resto de España, aoleo, tinta chinesa, ceras, gouache, cerámica, caricatura e esmaltes sobre mosaico.
En 1951, celebra unha conferencia no Círculo de Artesáns de A Coruña co título "A arte no cartaz".
En 1952, Máximo Fernández, xefe do Negociado de Cultura e Arte do Excmo. Concello de Vigo, concede a Mario Granell a realización da cabalgata das Festas de Vigo, onde o tema a representar é a época de Enrique VIII e Catalina de Aragón. O seu traballo é altamente recoñecido pola súa extraordinaria capacidade de organizaciaon, vistosidade e elegancia. Tamén obtén o primeiro premio no concurso de carteis anunciadores das Festas do verán de Vigo. En novembro do mesmo ano, expón óleos en Vigo e Ourense.
En 1954, con motivo do Ano Santo, realiza tres cartaces para o Concello de Santiago, destinados á propaganda en Europa, América e España. En Pontecesures, encarganlle o cartel, folletos e decoración da s"Cuarta Feira do Automóbil de Ocasión". O Concello de Vigo encárgalle un cartaz e un carimbo para a propaganda de "Vigo, Porta do Atlántico", así coma un cartaz e folleto turístico a cor e o cartaz e folleto da inauguración do aeroporto de Peinador. También obtén o primeiro premio de cartaces das festas de verán de Vigo.
Mario Granell casa con Oliva Montero Ustarroz e desta unión nacerán dúas fillas, Oliva María, na actualidade en Caracas e Rosa María que reside en Vigo.
1957, Venezuela
En abril de 1957 emigra a Venezuela, como moitos outros galegos, bascos, cataláns e españois, nun exilio voluntario obrigado polas circunstancias político-económicas existentes no Estado español neses anos.
Ao chegar a Caracas, todo é novo para este home innovador e que pasara polos cárceres franquistas. Entabla amizade co xornalista coruñés Manolo Ponte Regueira, que asinaba as súas columnas en El Nacional como Duende. Esta amizade será unha das máis entrañábeis de Mario en Venezuela até o día da súa morte. Reside en Caracas e no seu primeiro traballo e debuxante publicitario. Neste mesmo ano, Granell obtén varios premios, tres deles na colectiva nacional de cartaces do Museo de Bellas Artes de Caracas, para a "Exposición Internacional de Caracas 1960". Nesta exposición compite con artistas venezuelano e estranxeiros da calidade de Guillermo Heiter, Gert Leufert, Juan Alcalde, Alcock, Marcial León, Joaquin Wagner, Marcel Flores e Mateo Manaure. Conecta rápidamente cos artistas e intelectuais venezuelanos e participa nas loisa antiditatoriales contra Marcos Pérez Jiménez.
O 23 de Janeiro de 1958, participa na gran manifestación de Caracas contra o goberno de Pérez Jiménez que remata coa súa ditadura e a súa posterior fuxida.
Conta o seu amigo Manolo Ponte que os primeiros anos de Mario en Venezuela foron moi duros. Anos que superou pola súa grande capacidade artística, cultural, humana e o seu grandioso e fino sentido do humor. Integrase ao Novo Mundo rapidamente e permite que a súa luz o invada. Durante anos traballa arreo, nada artístico é alleo para Mario. Publicidade, cartaces, decoración, murais, vitrais, comeza, incluso a escreber. É o inicio dunha etapa que Ile conducirá á total consagración como artista creador do seu propio estilo, "O granelismo", onde porá, en palabras da súa filla Cachy, “de manifesto as súas extraordinarias dotes de poeta”.
En 1962, traslada a súa residencia á capital do estado industrial de Carabobo, por cuestións de traballo e continuará vivindo en Valencia até o seu definitivo regreso a Galiza.
En Valencia, ademáis, decora o restaurante privado "Tha Brum", onde efectúa un magnífico labor e deixa plasmado, nos comedores principais, dous murais “dunha execución perfecta e dun lirismo extraordinario”. Decora murais para vivendas privadas coma o mural realizado en Valencia para a familia Cendón en 1965, ademáis de deseños de decoración para interiores e exteriores.
Ese mesmo ano é seleccionado para a colectiva "Pegaso", realizada no Ateneo de Caracas. O seu cadro "Pegaso y las Musas" é adquirido pola "Mobil" para a súa colección de New York. Nesta colectiva tamén expoñen artistas da talla internacional de Piero Massimo Costa, Boris Rudman, Virgilio Trompiz, Juliette Lussaguet, Emilio Celeiro, Rosa Alarcón, Jorge Gori, Pedro León Castro, Guillermo Heiter, Luís Muller Fontana, Gyorgy Illes Edvi, e Branko Jurisic. Trabilla arreo e expón en Caracas acrílicos e tinta chinesa.
A anécdota contada mil veces por Manolo Ponte conta dunha exposición de Mario Granell en Valenciaá que fora o industrial e millonario da pintura venezuelano Eugenio Mendoza. Abraiado quedou coa obra de Mario, e cando falando co artista, este dixeralle que foran pintadas coas pinturas industriais que Mendoza fabricaba, máis abraiado aínda.
Mario quedou contratado para a fábrica de pinturas que Mendoza tiña en Valencia dende aquel mesmo intre.
En 1966, as empresas Mendoza (Protinal en Valencia) solicítano para dirixir o departamento de publicidade, onde desempeña unha extraordinaria e recoñecida labor dentro e fóra de Venezuela.
Pero esto non lle impedirá ao inquiedo e polifacético artista continuar con outros traballos. Expón en Caracas con marcado éxito acrílicos e tintas chinesas.
Ese mesmo 1966 chega a Venezuela o seu amigo o poeta Celso Emilio Ferreiro, sería este un feliz reencontro aínda que cargado de recordos e lembranzas.
En 1967, con motivo de "Las Ferias de Valencia", realiza o stand para as empresas "Dupont", o cal obtén un primeiro premio. No Ateneo de Valencia celebra unha exposición individual de debuxos e dá unha conferencia sobre a importancia do debuxo na pintura: "Para desfacer, primeiro ha¡ que saber facer", así titula Granell a súa conferencia. Ambos feitos constitúen todo un éxito. Tamén viaxa a Colombia para realizar o stand que representará ás empresas Mendoza na "Feria Internacional de Muestras".
En 1968, expón na Irmandade Galega de Caracas con motivo do 8º aniversario da súa fundación . Será o poeta e amigo de Mario, Celso Emilio Ferreiro quen faga a presentación do seu catálogo “Pórtico Cordial”.
Feturval encárgalle dous carteis para a difusión en todo o país da "Feria de las Ferias" (III Feria Industrial e IX Agropecuaria). Na mesma feira, realiza un stand representando as empresas Mendoza. unha vez máis, a prensa venezuelana destacaría o impecábel e magnífico labor do artista galego.
Mario Granell colabora en varios xornais e revistas de Venezuela e Costa Rica. Expón individual e colectivamente en diversas cidades venezuelanas, compartindo sala con Pedro León Zapata, Oswaldo Guayasamín, Régulo Pérez, Ramón Martín Durban, Víctor Levison, o exiliado republicano Ras, Bartolí, Braulio Salazar, Luís Chacón, Josefina Aizpurúa, Héctor Chastre, Pili Taboada, Alejandro Ríos, Oswaldo Vigas, Vanna Gabetti, Tomás Golding, José Ortega, Luís Alfredo López Méndez, Armando Lira, Trino Orozco, Luís Ordaz, Gabriel Bracho, Luís Cárdenas, Conchita Firgan, Fernando Gueremberk, Isabel Salazar, Rafael Páez, Nery Garbán, Maruja Padrón, Armando Pérez e Luís Alfredo López, entre outros.
Nos anos 70 e 71, auséntase das galerías venezuelanas e viaxa a Colombia, New York, o Estado español, Portugal, Francia e Londres.
Clic para aumentar
Catálogo da Exposición Granell-Castelao, en Caracas, Venezuela.
En novembro de 1972, tras longos meses de arduo labor, expón de novo e faino na prestixiosa galería "Cristobal Rojas", en Valencia (Venezuela). Nesta exposición, Mario Granell demostra, unha vez máis, que é un artista na máis ampla acepción, posuidor dun dominio absoluto do debuxo, da cor, da composición e dunha imaxinación portentosa de verdadeiro creador.
A partir deste mesmo ano, comeza un novo periplo e nos anos 73, 74, 75, 76, 77 expón con marcado éxito en Vigo, Pontevedra, Lisboa, Madrid, Buenos Aires, Bogotá, Caracas e Valencia en Venezuela.
En 1973, despois de 17 anos en Venezuela, Granell regresa a Galiza para expór os seus últimos traballos na Sala de Arte "Van Gogh" en Vigo. Desta mostra sairán tres obras para o Museo Quiñones de León. Esta será unha marabillosa ocasión para se rencontrar e atopar amigos que non vía desde facía tanto tempo e coñecer outra Galiza através doutra xente máis nova no campo das artes.
En 1974, regresa a Galiza e expón na Sala de Arte da Caixa de Aforros Municipal de Vigo e efectúa dúas exposicións, unha na Caixa Rural de Pontevedra e a outra nos salóns do Banco de Bilbao co nome de “Semana de Pintura e Escultura", colectiva”, na cal tamén expón Imeldo Corral, Frau Guillot, Oliveira, Francisco Lloréns, Sucasas, Villafinez, Manuel Buciños, Piñeiro, Virgilio, Lodeiro, Limes, Deside, Pérez Bellas, Manuel Abelenda, Prego, Xavier Pousa, os irmáns Quesada, Mercedes Ruibal, Lago Rivera, Sotomayor, Arturo Souto, José Barreiro, Laxeiro, Colmeiro, Manuel Torres, Manuel Ruibal, Huete, Alfredo Souto, A. Heredero, Eiravella, C. Sobrino, Seijo Rubio, Grandio, Lugrís Vadillo e Aramburo, entre outros.
Tamén expon en Madrid, de onde sae unha obra para a Pinacoteca Álvaro Gil.
En 1975, expón en Buenos Aires e en Bogotá na "Sala Carrasco", de onde sae unha obra para a Colecciaon Fundación Carrasco.
Mario Granell pronunciou conferencias, en varias entidades de Venezuela e da colonia galega, verbo Castelao, pintores e artistas galegos, venezuelanos e españois, poetas galegos, venezuelanos, españois e portugueses de onte e de hoxe. Da clases de debuxo e pintura en Valencia (Venezuela). Participa, en diversas ocasións, como xurado en certames de debuxo, pintura, cartaces e poesía.
En 1977, inaugurase a Galería de Arte "Da Vinci", en Valencia, cunha exposición de Granell. Esta exposición clausúrase o día 20 de febreiro e o día 27 inaugura outra en Caracas, na galería "Viva México".
Agás a súa faceta como pintor, Mario Granell escribe e publica un fermoso libro, "Estampas Amargas -Vivencias de una guerra civil", á parte de escritos seus e anacos seleccionados da obra de poetas de varias nacionalidades, contén vinte reproducións a toda cor de cadros seus. Este libro foi presentado no mesmo día da inauguración da exposición de Mario, titulada polo artista "HOMENAXE AO POBO ESPAÑOL", na galería "Viva México" de Caracas.
Granell escribe tres libros máis: "Canción de Angustia", prologado polo seu amigo Celso Emilio Ferreiro, "Cajón de Minutero" e "Vientos de torería".
Tamén en 1977, no mes de novembro, e auspiciado polo grupo Breogán, celebra unha exposición no Hotel Tamanaco de Caracas. Vinte obras de temas galegos. Na inauguración, fixo a presentación Juan Luís Sesto e Rodrigo Juanes esbozou a personalidade do artista.
En abril de 1978, a galería "La Trinchera" de Caracas, presenta unha Exposición-Concurso organizada pola CASA DE ESPAÑA, conmemorativa do 47º aniversario da 2° República Española. Mario Granell participa fóra de concurso, como tamén o farán Ramón Martín Durbán, Víctor Levison, José Ortega, Régulo Pérez, Pedro León Zapata e o republicano español exiliado en Caracas, RAS.
En 1979, recibe a nova do falecemento do seu amigo, o poeta Celso Emilio Ferreiro que regresara a Galiza seis anos antes, e cunha grande dor por tan irreparábel perda, Mario realiza unha extraordinaria obra que titulará "Llanto de dolor y coraje por la muerte de Celso Emilio". Moitos son os coleccionistas que intentan comprar esta obra, pero o pintor xamais se desprenderá dela; só en dúas exposicións, unha en Venezuela e outra en Galiza será exposta, nun cabalete e no centro da sala, como homenaxe ao gran poeta e amigo.
Clic para aumentar
Asinatura de Mario Granell.
1980 é un ano de grandes acontecementos na Irmandade Galega de Caracas, nos que Mario Granell será peza fundamental. En xaneiro, ríndeselle un caloroso homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, ao se cumpriren trinta anos do seu falecemento. Granell é convidado pola directiva da Irmandade Galega para que dea unha conferencia sobre Castelao, que Granell titulará "Lembranzas de Castelao no remuíño do tempo".
En maio, celébrase a semana das Letras Galegas; por este motivo chega a Caracas o intelectual galego Xosé Filgueira Valverde para dar unha conferencia sobre Alfonso X, o Sabio. Granell, nesta ocasión, realiza unha impecábel intervención e el mesmo fai a presentaciaon de tan ilustre visitante, ao cal Ile une unha vella amizade dende os tempos de pintor en Pontevedra.
En outubro, celébrase o 20º aniversario da Irmandade Galega de Caracas e será celebrado con espectacular programa sen precedentes. "Dous grandes artistas galegos realzarán culturalmente o evento. Trátase da presencia de Castelao cunha exposición de 175 debuxos orixinais, patrimonio da Caixa de Aforros de Galiza. Noutra sala, unha mostra das últimas creacións de Mario Granell. “Dous grandes da arte, dous galeguistas actuantes e practicantes na emigración e tamén grandes coñecedores da alma do seu pobo. Granell e Castelao foron amigos e colaboradores, as súas obras únenlles unha vez máis e a carón dun helo motivo: a maioría de idade da Irmandade Galega, institución onde eles teñen un santuario de devoción por parte dos seus paisanos”, así comenta o xornalista e escritor galego residente en Caracas, Juan Antonio Iglesias, no xornal vespertino “El Mundo”.
En abril de 1981, expón no Centro Social Canario-Venezuelano de Acarígüa e en maio, no Centro Galego de Valencia, é a súa despedida.
En agosto do mesmo ano, Mario Granell regresa definitivamente a Galiza, feliz pola volta a súa terra pero con tristeza por deixar Venezuela, a súa outra terra, que nada lle negou en todos anos que nela viviu e onde tanto souberon valoralo e recoñecelo como artista e como persoa.
Morre en Vigo en 1991, dez anos despois de chegar a súa outra terra: a galega.
1 comentario:
Tengo una acuarela de Granell y me gustaría conocer algo sobre ella.
Si alguien puede ayudarme, por favor se ponga en contacto conmigo.
Gracias.
mayaec@yahoo.es
Publicar un comentario