sábado, 6 de junio de 2009

INTOXICACION NA VOZ?



La Xunta destituye a Pérez Castrillo por contratos irregulares en Benestar

La Inspección de Trabajo detecta 200 empleados en situación no legal, y la consellería, una contabilidad «poco clara»


O BNG ACHEGAME ESTA RESPOSTA QUE EU POÑO NO MEU BLOG




Achego esta carta que contesta á información publicada hoxe, co rogo de que a difundas no teu entorno.

AS MENTIRAS DA VOZ*

*-Mais unha vez-* *_Contestación ás intoxicacións xornalísticas da Voz-PP sobre o cese do xerente do Consorcio Lois Pérez Castrillo_*

Como ven sendo habitual, a Voz segue atacando ao nacionalismo, neste caso personalizando a sua xenreira na figura de Lois Pérez Castrillo, ex-xerente do Consorcio Galego de I+B, nunha animadversión persoal que xa ven de vello. De cando era alcalde de Vigo e non cedeu ás presións (que teñen chegado á mais pura e literal chantaxe) cando este medio de comunicación esixialle que seguirá a manter con el os mesmos privilexios económicos que tiñan con Manolo Përez. A Voz ten atacado a Lois Castrillo, mesmo no plano persoal e mesmo despois de abandoar a alcaldía, chegando a publicar noticias falsas sobre temas persoais. Xa que logo non é de estranar que fora case que o único meio de comunicación que ademais de atacar ao BNG e á súa xestión no governo, tivera unha “especial predilección” polo xerente do Consorcio. Esta “predilección”-persecución inmoral continua mesmo logo de gañar o PP. Servíndolle este nefasto medio de comunicación, de protector da súa inactividade, publicando contínuas novas sobre “o burato interminable” por onde seica o bipartito meteu todos os cartos para que o PP non poidera gobernar. Novas sobre os “buratos” no sistema antiincendios, na cidade da cultura, en vivenda, e como non, no Consorcio!!. Onde ademais o xerente contratou todo tipo de amigos e militantes, malversou cartos e todo isto sen ir sequer a traballar!!.E ademais pide unha indemnización millonaria, que cara!!. Por iso o teñen que botalo do posto de xerente. Non é porque sexa do BNG, nen porque houbera o un de marzo un cambio de goberno que fai que, por lóxica, todos os altos cárregos da administración psoe-bng deban ser removidos. Non, no caso de Lois Pérez Castrillo é porque é un mangante, sen mais!. Se fora eficaz e traballador...seguriño que ia ficar no posto. O PP-Voz, pretende adicar os seis meses que fican para rematar o ano, atacando a xestión do governo anterior, porque carece de iniciativa e alternativa frente a crise económica e ademais porque intenta xustificar a volta ao pasado fraguiano, con supostos buratos económicos, supostas malversacións, supostos gastos publicitarios e suntuarios excesivos, supostos enchufismos, etc. Pretende xustificar así, a volta a un modelo “técnocrático e de austeridade”, cuxa verdadeira faciana é: a privatización no ámbito da prestación dos servizos básicos sanitarios, educativos e sociais, o neoliberalismo no ámbito económico e o amiguismo e o autoritarismo no político. Por útimo aclarar que as acusacións concretas que se están a facer sobre a xestión do consorcio son radicalmente falsas ou cando menos, medias verdades manipuladas (que son as peores mentiras,pois son mais difíceis de desenmascar) e que a famosa indemnización millonaria correspondese co mínimo que a lei asigna como indemnización para os contratos de alta dirección para o caso de que non medien tres meses preaviso de despido (teñen que abonarse eses tres meses non preavisados). Estes contratos son habituais nos postos directivos de entes de xestión e por suposto, na empresa privada poden acadar cifras de vértixe, cousa que non é o caso. Por outra banda o xerente nunca pediu imdennización alguna, somente pediu que o cesaran dunha vez xa non quería traballar para o PP!!, negándose a tomar nengunha decisión que lle corresponderá tomar aos novos responsábeis políticos; os que, por outra banda, desde que tomaran posesión nen o chamaron nen mostraron interese e ganas decidir nada. As decisións que non tomaron eles son as que agora serven de absurda excusa para o seu cese (non porque teñan que facelo, senon porque é ineficaz xestor e ademais partidista!!).

Que o saibas Lois Pérez Castrillo

No hay comentarios: