viernes, 12 de junio de 2009

Liberdade de expresión??‏



Ola!!

Quero comunicarvos a experiencia que vivín hoxe como coordinadora do Equipo de normalización e dinamización lingüística (ENDL) do meu "cole", ante a eminente consulta aos pais (sobre as linguas) que ten previsto realizar a Xunta de Galicia.

A primeira hora da mañá, xa cos trípticos informativos impresos, os membros do equipo elaboramos unha carta para entregar xunto co tríptico (envío ambos textos en documento adxunto). Fixemos as correspondentes fotocopias e distribuímolas a todos os grupos.

Cara a última hora da mañá a directora chamoume ao seu despacho para comunicarme que, por orde do inspector, quedaba totalmente prohibido proporcionar ningunha información con respecto ás enquisas e á lingua galega.

Como os trípticos e a carta xa estaban distribuídos, non me fixo recollelos, sempre e cando eu asumira, de xeito exclusivo, toda a responsabilidade. Contesteille que, pola miña parte, non había problema. Non obstante, algúns profesores, por decisión propia, recolléronlles aos alumnos os trípticos que eu lles repartira e que xa tiñan gardados nas súas mochilas.

En fin! Que nos van facer aos que desobedecemos unha orde que limita a nosa liberdade de expresión???

Mándovos en arquivo adxunto o tríptico, que supoño xa todos coñecedes (é o mesmo para todos os centros de Galicia), e mais a carta de presentación, semellante a outras que se distribuíron noutros centros.

Saúdos.


A.I.

No hay comentarios: