viernes, 22 de febrero de 2008

ROSALIA DE CASTRO- CANTARES GALEGOS

Has de cantar,
que che hei de dar zonchos;
has de cantar,
que che hei de dar moitos.

"has de cantar,
meniña gaiteira;
has de cantar,
que me morro de pena.

Canta meniña,
na beira de fonte;
canta, daréiche
boliños do pote.

Canta meniña,
con brando compás;
daréiche unha proia
da pedra do lar.

Papiñas con leite
tamén che darei;
sopiñas con viño,
torrexas con mel.

Patacas asadas
con sal e vinagre,
que saben a noces.
¡Que ricas que saben!


¡Que feira, rapaza
si cantas faremos..!
Festiña por fora,
festiña por dentro.

Canta si queres,
rapaza do demo
canta si queres,
daréiche un mantelo.

Canta si queres,
na lengua que eu falo.
Daréiche un mantelo
Daréiche un refaixo

Co son da gaitiña,
con son da pandeira,
che pido que cantes,
rapaza morena.

Co son da gaitiña
co son do tambor,
che pido que cantes,
meniña, por Dios.
¡Que ricas que saben!

No hay comentarios: