miércoles, 20 de febrero de 2008

JAMES SALTER


O meu amigo James Salter acaba de publicar A IDADE DA AUGA- Xerais

JAMES ROBERT SALTER, naceu en Glasgow, Escocia, en 1969. Entre 1972 e1977 viviu na República Sudafricana, na granxa dos seus avós. Cando voltou a Glasgow, tras o seu paso polo colexio e o instituto, estudou Filoloxía Inglesa na Universidade de Edimburgo. Ao rematar os seus estudos, en 1991, visitou España e terminou vivindo en Vigo.

No 2000 foi vivir a Madrid a causa dunha oferta de traballo e, desde aquela, continúa residindo nesa cidade, onde se adica a facer traducións. Hai pouco mercou unha casa en Vila Nova de Cerveira (Portugal) e agora divide o seu tempo entre eses dous fogares.

A IDADE DA AUGA

Cando chegou á cidade, as rúas semellaban cheas de gaivotas, e as encostas e os edificios altos coma mastros, dábanlle sensación de que estaba nun barco. O cheiro abafante que ascendía do porto pesqueiro impregnáballe a pel e penetraba en cada pregadura da roupa.

Lembraba o seu último paseo vespertino, que coincidira cunha manifestación de traballadores:unha riola de xente que inundara as rúas principais, cortando o tráfico, colapsando a cidade. Daquela lembrou un cartel turistico que amosaba o centro da cidade asolagado, como unha especie de Venecia, subliñando as relacións da cidade co Atlántico.

A cidade da auga, primeiro libro de narracións do escritor escocés residente en Galicia JAMES SALTER, recolle oito visións da didade de Vigo inseridas noutros tantos relatos escritos na tradición da literatura fantástica do MOBBY DICK de Heman Melville ou do imaxinario creativo galego do esdritor ALVARO CUNQUEIRO ou do pintor URBANO LUGRIS

No hay comentarios: