lunes, 18 de febrero de 2008

PREGUNTA AO BNG SOBRE O EDIFICIO A LAXE

Edificio A Laxe
Sería posible seguir o mesmo camiño da Plataforma Loxística pero esta vez co Edificio da Laxe...? Mentres non haxa cesión dos terreos para o Auditorio poderíase PARALIZAR as obras dun edificio que nunca debera de chegarse a construir no lugar no que está...? Abrir Vigo ó mar é pechar o lugar máis emblemático de chegada de turistas a Vigo? Por qué o BNG non tivo un papel máis activo na paralización deste Proxecto que pechará definitivamente a visión da Ría dende a propia Estación Marítima ? Acaso esta obra non ten fins privados exclusivamente???
Erasmo - 05/03/2005 20:18:31

Resposta
O BNG, no seu momento, xa presentou unha alternativa para evitar a construción do centro comercial da Laxe. Consistía en recuperar para a cidade o edificio da Estación Marítima e ubicar nel os usos comerciais e de ocio previstos na Laxe. A proposta do BNG non tivo o respaldo dos demais grupos e freouse así unha das posíbeis alternativas para frear o proxecto.

No hay comentarios: