rétemas
Notas do traballo de edición
15.10.05
Premio para "Abrir Vigo ao mar"

A nosa abella da ribeira é unha cidade de xenerosidade escueta (Celso Emilio dixit) e esta intervención sobre o noso borde litoral foi máis criticada aquí como admirada fóra. Aínda que non todos os elementos sexan igualmente axeitados (especialmente desacertado é o edificio da Xunta), creo que o conxunto da intervención de Consuegra pagou a pena porque permitiu abrir algunha xaneliña ao mar (pequena, a verdade) e gañar espazo para os peóns e para o encontro cidadán (gosto moito da praza da Estrela). Mágoa que quede pendente a piscina do Náutico (que debería ser reubicada) e a intervención sobre a Estación Marítima, onde debería situarse o Museo Galego da Emigración. Agardo que este premio merecido contribúa a recuperar o interese de Zona Franca e do Concello por completar estes elementos do proxect
No hay comentarios:
Publicar un comentario