VERBUM Casa das Palabras VERBUM - Casa das Palabras é un museo interactivo sobre todos os ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado como un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poden participar dun modo activo nos elementos expositivos. | ![O Verbum dende o exterior, ábrese nunha nova fiestra O Verbum dende o exterior, ábrese nunha nova fiestra](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_scdXAyaHxR0EGCjoM-Xg1KwCgWrS-_W4A4JriAx9yJJDGxDmmNcKfEb5WgzP53lf6qlNFj2yJVBDH31EGB2YegVi8sk6zr7ceuV4CWwM9QgPZpxqWePrqKXEQ=s0-d) | ![O Verbum dende o interior, ábrese nunha nova fiestra O Verbum dende o interior, ábrese nunha nova fiestra](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_vvKOr4s6X4-kZ8hFw5zmvaCs7RPQG-Mq1WpXXXugj-Tc1Ywnf-Hh2xcukZcccxgIogpb-rSDlAMpGvzLs9Q6vt7NCVFw6Y6uaiT0kHtm9igo7HHiGJoAr9j3Q=s0-d) | VERBUM é un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer a través de xogos todo o relacionado coa comunicación: as linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escritura, a literatura, a tecnoloxía… | VERBUM é un vocablo latino que significa “palabra”, porque a palabra é a orixe do contido do proxecto e o latín é a orixe das linguas que falamos en Galicia. Tomando a palabra como unidade mínima de significación, os contidos de VERBUM desenvólvense en catro disciplinas xerais: linguaxes, ciencias, literatura, tecnoloxía. A oferta permanente de VERBUM amplíase coa programación de exposicións e actividades complementarias. | ![algúns dos contidos do Verbum que podes descubrir visitando a páxina - no se abre nunha nova fiestra algúns dos contidos do Verbum que podes descubrir visitando a páxina - no se abre nunha nova fiestra](https://lh3.googleusercontent.com/blogger_img_proxy/AEn0k_sVyNmDVZw97RBq0mGlh53hDVEP4bMmSgG2Wgsxr2GznNI8SAJBgRqAW9HWsX0ylUTYe4okjniIyHf3z_BhKVpRJlf_8oaJJaie6HbFOYDK-uVXpmX5IYxaNL1X9Q=s0-d) |
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario