sábado, 23 de febrero de 2008

O SIRENO

O sireno de Paco Leiro é unha das obras escultóricas máis controvertidas da cidade. Iso xa é importante porque si unha obra de arte produce indiferencia significa que non e obra de arte nin nada.

Por un tempo pensei que estaba mal situado pero agora comprendo que non. O único que me falla son aquelas terribles columnas, rompenme a máxia.

O Sireno, o nadador....Somos NÓS MESMOS. Somos os vigueses buscando o mar, que nos pechan, que estamos a punto de quedar cegos por non poder mirar o horizonte.

O sireno desde a Porta do Sol busca a súa salvación, a liberdade. Nel aínda son capaz de percibir esperanza, cousa que xa desaparece no NADADOR. No NADADOR so hai desesperación

No hay comentarios: