domingo, 17 de febrero de 2008

ABRIR VIGO Ó MAR

¿URBANISMO OU TERRORISMO?

Sendo Vigo unha cidade privilexiada en canto ó seu incomparable marco natural,

atrevome a dicir que acabará sendo unha cidade de interior.

O cemento, a pedra, e outros materiais de construcción ocupan o lugar antes

destinado ó pracer dos sentidos.

Fai tempo que ollo a miña cidade con máis penas que alegrías.

Non sei se o proxecto "Abrir Vigo ó mar", foi un soño ou sinxelamente unha irónica

proposta electoral dalgún político. O caso é que cada día vexo como unha cidade

costeira vaise convertendo nunha cidade onde o mar é o máis díficil de ver.

Onde fai uns anos houbo vida, e camiñar por alí ata semellaba un paseo bucólico,

é agora un panteón para vivos, refírome con isto ó Nautico, comezando pola praza

da Estrela onde o nadador de Leiro afogase entre o cemento, e vese apagado por

dúas pantallas, obra da Xunta de Galicia.

Seguindo o percorrido atopase un aparcamento (que normalmente son soterrados)

cunha altura, non deixando percibir a marabilla que se atopa pucos metros máis aló.

E agora algo máis para rematar o bó traballo realizado, un centro comercial de tres

plantas na dársena da Laxe.

Para o visitante que chega a Vigo pola ponte de Rande ten que ser polo menos abraiante

que poucos metros máis aló de semellante fermosura natural, teña que esforzarse para

volver a atopar aquela ría.

Se algún dos que estades a ler esta carta tedes a man un libro do Vigo que se perdeu,

aconsellovos que botedes unha ollada ó pasado, co fin de ver as barbaries que xa fixemos,

e feitas estan, e para que ogallá sirvan de algo no presente e no futuro.

Penso que un lugar tan fermoso como pode ser Vigo , non se pode planificar a base de

proxectos mal feitos, ou ideas "empresariais" efímeras, coas que a cidade e os seus habi-

tantes gañen catro duros, senón facer Vigo con proxectos a longo prazo para que tanto os

vigueses coma os visitantes disfruten da súa casa, e a cidade sexa un punto obrigatorio

de visita.

No hay comentarios: