miércoles, 5 de agosto de 2009

Entrevista a Pedro de Llano DO BLOG DE BRETEMAS

O outro día, na partidiña de mus das noites faloume un de Madrid sobre esa OBRA MARABILLOSA que están a facer en Santiago de Compostela "ES EL guggenheim GALLEGO" dicía. El falaba por un programa que puxeron en algún canal de televisión. Eu so fiquei abraiada - O NOSO GUGGENHEIN?-

Eu, so opino polo que vexo, cando algo non me gusta o sangue faime unha especie de reacción estraña e volto a casa chea de carraxe, así que remitovos é xente que sabe moito máis ca min, a unha estrevista deste blog http://bretemas.blogspot.com



CIDADE DA CULTURA

Entrevista a Pedro de Llano


A aparición das nosas edicións recentes de Arquitectura popular en Galicia (en galego e castelán) suscita unha interesante entrevista con Pedro de Llano. Este volume agora moi ampliado e actualizado, un auténtico clásico (editado por vez primeira polo COAG hai vinte anos), propón unha mirada sobre a integración da nosa arquitectura tradicional na paisaxe.

Inevitablemente, tal como foron as cousas nestas dúas décadas (coa reconversión demográfica do mundo rural galego), as opinións do autor non poden ser máis pesimistas: "Estamos ante a morte dunha orde natural eterna, onde a arquitectura estaba perfectamente integrada na paisaxe natural. Ante esta violentación, como nunha cadea de atentados, estamos vendo como Galicia se vai convertendo nun vertedoiro de operacións cheas de ignorancia de todo tipo".


A entrevista remata coas opinións de Pedro de Llano sobre a Cidade da Cultura e a actual política do bipartito: "A destrución segue avanzando e o que máis me enfurece –mesmo 'sufro'– é ver un goberno malversando o noso patrimonio económico para construír a Cidade da Cultura que, todo hai que dicilo, é unha moi mala arquitectura. Somos moitos os galegos que nos sentimos agredidos coa política que o noso goberno está a seguir. As obras do Monte Gaiás, ademais, van deixar unha cultura escuálida, nunha situación horrenda, porque traga un terzo do presuposto total da área. Iso é realmente a concepión que pretendo combater coa miña defensa da arquitectura popular. Están mentindo continuamente e demostrando, día tras día, a súa infinita incultura".

No hay comentarios: