miércoles, 20 de octubre de 2010

SECUENCIACERO NO XORNAL



O certame Secuencia Cero conta con 20 producións audiovisuais

A sétima edición ten lugar entre o 21 e o 21 de outubro no museo Verbum de Vigo

Un total de 20 traballos audiovisuais, seleccionados de entre máis de 700 obras recibidas, poderán contemplarse no marco do certame de video Secuencia Cero, que celebra a súa sétima edición entre o 21 e o 23 de outubro no museo Verbum de Vigo.

As obras divídense nas categorías de videocreación, documental e curtametraxe e serán proxectadas de forma gratuíta. Tamén se poderá contemplar a videoinstalación 'Samil Plurinihista', do artista Pelucas; e a actuación do actor vigués Cándido Pazó. A entrega de premios das obras gañadoras realizarase o sábado día 23, a partir das 21.30 horas.

O concelleiro de Cultura, Xesús López, presentou este martes o certame e asegurou que este evento vai en consonancia dos obxectivos que ten o seu departamento para "achegar as plataformas necesarias para o lanzamento dos novos creadores". A xuízo do dirixente local, coa celebración de Secuencia Cero, Vigo converterase "no centro da creación de audiovisuais do noso país".

No hay comentarios: