jueves, 7 de octubre de 2010
DAVILA PREGUNTA A FOMENTO A QUE SE DEBEN OS DESPRENDEMENTOS NUN DOS PIARES DA PONTE DE RANDE E SE DESCARTA A AFECIÓN Á ESTRUTURA
A deputada do BNG quer saber que revisións fai Fomento da ponte, cal é o plan de mantemento e que melloras se van realizar nesta infraestrutura
Madrid, 7 Outubro 2010. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle ao Ministerio de Fomento a que se deben os desprendementos na parede dun dos piares da Ponte de Rande.
Unha ponte que precisan de melloras
A deputada do BNG formula unha serie de cuestións ao Ministerio de Fomento en relación ao estado desta ponte que entrou en servizo no ano 1981,”leva pois máis de vinte ano en servizo, un periodo o suficientemente longo como para que sofra o paso do tempo, máxime cando por esta ponte transitan máis de 60.000 coches ao día”.
“Pode estar afectada da estrutura da ponte? Descarta o Ministerio unha afeción máis profunda? Qué revisións realizou o Ministerio da estrutura da ponte? Leva a cabo plans de mantemento? De ser así, en que consisten?”, son algunhas das cuestións que dirixe ao Goberno.
A deputada do BNG aproveita para facer unha alusión á decisión de Fomento de priorizar a ampliación da Ponte de Rande “o que pode ter un impacto na estrutura desta infraestrutura debido ás obras que se van facer. O Ministerio coñece a postura do BNG e sabe que consideramos que se deberían axilizar alternativas libres de peaxe como a A-57 e a A-59, en lugar de priorizar unha alternativa de pago como a elexida polo departamento de Fomento”.
COMENTARIO- Ya me dirán ustedes si no es para desesperarse. El Ministerio y el Alcalde con sus "ideas luminosas" contrarias a los ingenieros que proyectaron el puente y por encima NOS ENTERAMOS DE LA FALTA DE MANTENIMIENTO...Para darles una patada en donde...bueno me callo
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario