miércoles, 6 de octubre de 2010

7ºCERTAME SECUENCIACERO



Xa falta pouco para a celebración do 7º Certame SecuenciaCero,
será os días 21, 22 e 23 de Outubro, no Museo Verbum, en Vigo.
No certame se proxectarán documentais, curtametraxes e videocrea-
cións seleccionadas entre máis de 200 obras recibidas.
Ademais no vestíbulo do Museo Verbum haberá unha videoinstalación,
Samil Plurinihilista, a cargo do artista vigués Pelucas (este é o seu
blog: http://ladrillopitillo.blogspot.com/
O derradeiro día farase a entrega dos premios, Trofeos Castaña, donados
este ano polo pintor Tono Carbajo. Pechará o evento Candido Pazó, cun
dos seus monologos.

No hay comentarios: