jueves, 8 de julio de 2010

EMERXENTES DE GALICIA



Beni é pintor. Gonzalo é delineante. E cando se xuntan son Alféizar. O dúo musical máis delirante de Galicia...As súas letras falan de cousas cotiás e o seu directo, ademais de gracioso é un tanto imprevisible. María Páramo é máis coñecida como EME. Esta artista coruñesa vén de expoñer en Bilbao a súa ecléctica obra, composta por cadros, tablas de surf ou mesmo zapatillas de deporte. EME deseña para marcas de surf, foi patrocinada por Roxy e cando lle sobra tempo... tamén practica surf ou patinaxe xunto ó seu mozo. Roberto Lolo é mago, tamén é actor e disc jockey. Este sarrián ademais de facer cine de terror adolescente, gusta de fotografarse con grandes estrelas da maxia e da televisión.

No hay comentarios: