miércoles, 20 de enero de 2010

A SOMBRA


dwarves out!




“Os galegos, por moi sinxelos que sexan, teñen todos un embrión nacionalista, aínda que o millor conscientemente non o sexan. A proba é que chegan a calisquera lugar, xúntanse quince e forman un Centro Galego. O que ocurre e que despois non saben que facer con él, e xeralmente, o que fan é dar bailes, comer empanadas e facer un galeguismo folclórico escontra do que eu estaba”.
Celso Emilio Ferreiro

MEU COMENTARIO-

Todo o que me coñece sabe que non FAGO DA LINGUA UNHA BANDEIRA, nin son unha intolerante, pero vos digo que estou moi preocupada polo que está a acontecer. O problema non está no idioma nin que falemos inglés, o asunto E BORRAR TODO SINAL DE IDENTIDADE. Anula diferencias ANULA AO INDIVIDUO.

Estou neste intre a lembrarme do me pai que fai este mes un ano que me deixou. As bágoas veñen aos meus ollos e non quero. As veces poñíase filosófico e dicía...E porque non deberíamos pensar todos igual? Se o fixeramos non habería problemas no mundo, non?- Pensaba un pouco e despois dicía "oh pero o mundo sería moi aburrido, non?"-

Francisco, meu pai, era do PP- Eu lle preguntaba o porque e dicía PORQUE SI- Para el era coma unha lei non escrita- EMPRESARIO (grande ou pequeno)= PP/ PERSOA DE BEN=PP e despois estabamos "os outros"- Os da vida pouco arranxada, os bohemios- que podíamos ser de calquera cousa...Pero Paco FALABA GALEGO e para el GALICIA era a súa terra. As cousas eran así de natural... Un día que alguén lle dixo que o seu galego "era moi bo" ficou cos ollos moi abertos abraiado e dixo "PERO SI É A MIÑA LINGUA"- A língua que xa falaran os seus pais e os pais dos seus pais e así todos os seus ancestros...





Polo dereito de vivir e traballar na nosa terra
Loitemos pola defensa da nosa língua
DEFENDAMOLO O ORGULLO DE SERMOS GALEGOS












Sombra de Prometeo encadeada,
aquil mozo que fun está xa morto.

Busco unha terra limpa. Agora busco
unha patria sin sangue e non a topo.

Lonxana primavera. Escoito voces
na noite estrelecida. Ríos longos.
¿Onde estarás, meu corazón de entonces,
meu dóce corazón que non te alcontro?

Pregunto e non contestas, morte negra.
¿Onde se foi aquil vivir gozoso?

Sóio te teño a ti, miña memoria
envolta en señardades e recordos:
unhas pingas de chuvia esbagoando
por un cristal de soños.

Sobre a lama do mundo vou andando.
Gardo loito sin fin por aquil mozo.

CELSO EMILIO FERREIRO

2 comentarios:

Dacosta dijo...

Y dwarves out? ¿Qué les pasa a los dwarves? Happy birthday tomorrow!

ines dijo...

Ahh mi querido amigo esos DWARVES son los ENANOS MENTALES que hay en todas partes. Ummmm lo del birthday no me lo recuerdes!

Biquiños