jueves, 7 de enero de 2010

NUNCA MAIS SEÑOR FEIJOO




VOLTAMOS AO PAIS DOS ANANOS. OS FILLOS DE "GALIZA CEIBE" TROCARON DE BANDO



Continuo aquí polo sul mais non por iso a miña cabeza pode descansar.... se callar é bo -neuronas paradas, neuronas atrofiadas-

Falei pola mañá con Teo e fiquei ben abraida- Unha conversa cun rapaz de cinco anos...

Si, estou ben-

Non, aqui dentro non vai frio pero fora si, aínda que hai sol

Miña nai? Ah foi entregar unha caixa de carbón que deixaron os reis para un home que non foi bo con ela.

No, non sei quen é, igual é de Paris, de Portugal ou de Valencia, non sei

Pásame coa túa tía, pedin

Creo que o carbón o trouxeron para alguén da XUNTA dixo Inés- e foi levarllo.

Colguei o teléfono e estoupei coa risa. Ardo en desexos de saber quen é o que recibiu tal agasallo dos REIS MAGOS.

Que o mundo non é como quixeramos é ben certo pero tampouco imos ficar cos brazos caídos deixando que mexen máis por nós...

UN CAMION DE CARBON, teño eu para NUÑEZ FEIJÓO. Un vendido, pero moito máis que Fraga, que a esté a galeguidade as veces aínda o facía chorar. Este pasou ao bando dos "parvos" que pensan que o galego ocupa o espacio do inglés....ao bando desa xente que quere afastarnos de todo sinal de identidade "dos perigosos que queren levarnos a ESE MUNDO FELIZ do que teño falado"

NUNCA MAIS SEÑOR FEIJOO!

No hay comentarios: