lunes, 8 de marzo de 2010

CRISTO OBREIRO- LUIS SEOANE


Estamos ante unha das obras máis emblemáticas do seu autor, non só por que se trata dun magnífico exemplo da súa última época, senón porque ademais é unha obra ateigada de historia e de significado. O seu periplo arranca en setembro de 1975, cando Franco asinou as súas últimas sentenzas de morte, de membros de ETA e do FRAP. As protestas nacionais e internacionais sucedéronse e, desde o púlpito, fíxoo o padre Manuel Espiña, que foi multado con 150.000 pesetas. Sabedor do caso, o seu amigo Luís Seoane dooulle este Cristo Obreiro para que o subhastase e pagase a multa, pero este importe conseguiuse a través dunha colecta e o párroco puido quedar co cadro que, desde entón, presidiu moitas misas impartidas polo padre Espiña. No ano 2005, foi adquirido por Caixanova e o diñeiro obtido serviu para sufragar os novos proxectos da Fundación Bemposta e do Circo dos Muchachos.

Ref FUNDACION CAIXANOVA

No hay comentarios: