O Servizo de Normalización Lingüística está a repartir invitacións paraa proxección do filme PRADOLONGO nos Cines Gran Vía para o luns, martes,mércores e xoves da semana do 7 ao 10 de abril. Para conseguirinvitacións só é necesario achegarse á Casa do Concello de Vigo de 9:00a 15:00h. Servizo de Normalización LingüísticaConcello de Vigohttp://snl.vigo.org
Pradolongo - Quen puidera namorala from pradolongo on Vimeo.
Pradolongo é unha paisaxe insólita na que existe un prado cunha lagoa glaciar. É o lugar onde pasaron todos os veráns Martiño, Raquel e Armando, quen veñen de abandoar a adolescencia case sen decatarse e se achegan a un novo verán como os anteriores, coas festas e tardes no río...pero esta vez nada vai ser igual.
Pradolongo pode agochar un valioso xacemento de louxa, algo que pode afectar ao entorno pero tamén faciltar a vida das familias. Ante esta circunstancia os rapaces afrotan os seus primeiros posicionamentos como adultos, as súas primeiras responsabilidades, a súa futura actitude ante a vida. Tamén ante o amor, as relación cos seus...
Pradolongo representa a paisaxe dos nosos recordos de infancia, do primeiro descubrimento do mundo, o lugar que asociamos aos nosos pais e avós, a aldea chea de olores, cores e sons, dunha Galicia que está a cambiar e que se move entre o vello e o novo, pero que dalgunha forma serve como refuxio da nosa memoria.
Moitos galegos se recoñecerán nesta película, e éste é un espacio para todos aqueles que o queiran compartir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario