http://www.voluntariadomontegalego.org/
Entrei hoxe un momentiño para consultar unha cousa e saudoume Manuel, monitor do voluntariado do monte galego contra os lumes.
A experiencia do VOLUNTARIADO é algo que non se pode explicar con palabras. Ë increible os lazos de amizade que se fan con xente que so tes contacto durante uns poucos días.
Preguntoume Manuel que tal estaba e respondinlle que ben, e por iso de facer un pouco de coña, engadin "non están os tempos para queixarse".
Pois para certificar, que ao mellor somos algo diferentes, axiña preocupouse por saber si algo non andaba ben...
-¿Sabes que Andres está en Creta?- Dixo
-E ¿que fai en Creta? ¿Esta traballando ali?- Preguntei un pouco sorprendida
- Si. A veces conectase e di que está contento. Non sei que tal se entenderá co ingles....
-Bueno, xa sabes que a lingua non é tanto impedimento como as ganas que teñas de comunicarte coa xente, e ademais os gregos son xente moi agradable. Din que os españois caenlles moi ben, asi que supoño que os galegos tamén...- Respondin
Manuel morría coa risa.
---------------------------
Preguntome que é o que temos os galegos que mesmo parece que o mundo nos queda pequeno. E certo que as condicións de traballo non están ben no noso país pero semella que hai algo máis. As veces penso que a relación que temos coa nosa terra é algo así como un sentimento de amor odio, a queremos tanto que non podemos estar sempre aquí nin tampouco moito tempo afastados. ¿Será que necesitamos sentir saudade?
No hay comentarios:
Publicar un comentario