sábado, 26 de abril de 2008
ESTA NOSA CIDADE
Onte, deses días que parece que se acumulan as cousas, e precisamente non boas decidín ir tomar un pouco o sol. Sentei na Porta do Sol mirando a xente pasar...Realmente esta cidade é marabillosa, chea de vida, de seres poderíamos dicir que raros. Aqui non miras a uniformidade de outras cidades provincianas, é como si cada un "fora a súa bola". Unha empeza a pensar, río porque xa me asemello ao meu pai cando me conta onde chegaba o mar polas avenidas e me fala da praia de San Francisco e ao chegar o Bar León di: "Daqui parriba campos de millo"
Esta cidade dura, puxante, maleducada onde custa entrar pero unha vez estás dentro a queres para sempre.
Lémbrome, haberá dez anos, que lle preguntaban aos xogadores do Barça cando viñeron xogar aqui un partido, que lles parecía Vigo e un dixo: UNHA CIDADE EN OBRAS. Por iso é tan sinxelo parecer o "o avó" dos contos aqui.
Si eu lles digo as miñas fillas que cando ía ao colexio distinguíamos as compañeiras das Travesas e as de Bouzas polo acento, de seguro que pensarían que estou tola, pero é ben certo.Tampouco lles conto que íamos ao cine Marabillas en Bouzas, que no das Travesas sentabamos en bancos de madeira. En Cabral tiñamos O Caramuxo, no Calvario dous pegadiños e outro no Toural...as horas que podiamos pasar no Niza mirando as peliculas de sesión continua so pendientes de que ninguén metera a man entre o asento e o respaldo...
A min moito me gustaba ir a Ríos. Era para min coma un recuncho encantado. Iso antes de que a Etea pechara o paso a avenida da Mariña...A praia, sair en barquiña e coller todo o que atopabamos no mar, até lapas que eran ben duras de dixerir..O cariño da tía Carme e as noites de títeres que xunto coas invitacións ao cine dos domingos na ETEA eran os unicos divertimentos.
Esta cidade tan moderna, tan puxante e creativa pero que en cinco minutos andando podes retroceder unha morea de anos. Chegas mesmo ahi, a Santa Cristina e as miñas tías Pura e Luisa, teñen o gando nas cortes e as galiñas petiscando vermes polas veigas.
O meu pai senta na súa azotea horas e horas contemplando a ría. Os do concello ben o poden ver polas fiestras. Non se cansa de mirar o mar, este inverno a punto estivo de coller unha pulmonía...Ë coma o sireno, mira e soña e pensa no que pudo ter sido e non é, pero non paga a pena xa pensar "EN EL VIGO QUE SE PERDIO", mais espreitemos, que non se fagan máis falcatruadas.
BICOS PARA TODOS
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario