sábado, 5 de abril de 2008
PLAN NOUVEL- OPINION
Ainda non sei de que se trata o plan e xa me poño a tremer. Despois do proxecto de Consuegra espero calqueira cousa.
Falo desde a miña opinión e teño ganas de "desfogarme".
A min toda a obra de Consuegra produceme unha fonda desazón. Vale, se o tomamos coma un proxecto artístico e produce un sentimento poderíase considerar que non deixa indiferente. Non é o caso. Pasear entre pedras, espazos pechados, aínda que saibamos que ali está o mar...A min a única sensación que alí percibo é TRISTEZA.
¿Pero é que non hai ninguén nesta terra que poda facer un proxecto integrador con nosos sentimentos?
Este parece un pais de PAPANATISMO. Unha idea recibe un premio e xa pensamos que é marabillosa para calqueira sitio. Pois non. Todo o que se relacione coa arte, e un proxecto arquitectónico o é, ten que ser "de dentro para afora". Proxectar os nosos sentimentos non asumir os dos outros... e que ninguén me veña coa monserga de que "A ARTE É UNIVERSAL". Claro que é, pero, por favor,¡ non globalicemos todo que dentro de pouco non imos saber onde estamos!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario