miércoles, 5 de marzo de 2008





CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA

Horario: Martes a domingo: de 11 a 20 h., luns pechado Pago: Tarifa gratuíta Tipo de acceso: Libre/guiada Prezo: Gratuíta
http://www.cgac.org/mailto:cgac.exposiciones@xunta.es

O Centro Galego de Arte Contemporánea atópase en pleno casco histórico de Santiago de Compostela xunto ó Convento de Sto. Domingo de Bonaval e o Parque de Bonaval.



O edificio proxectado polo arquitecto portugués Álvaro Siza foi merecedor do premio de arquitectura Mies Van der Rohen no ano 1988 e o Pritzker no 1992.Conta cun programa de exposicións temporais ininterrompido desde 1995 e unha serie de propostas paralelas como son os talleres impartidos por artistas, ciclos de conferencias, encontros entre artistas e críticos e un programa de actividades pedagóxicas que buscan acercar a arte contemporánea ós distintos públicos.




O CGAC conta tamén cunha completa biblioteca de arte contemporánea, un departamento de publicacións, un auditorio e servicios como tenda librería e cafetería.



A Colección do CGAC ten un carácter internacional, formada polas propostas máis actuais, que proveñen de adquisicións programadas polo Centro, fondos da colección da Xunta de Galicia e depósitos doutras coleccións como son os da Fundación ARCO ou do Centro Reina Sofía.



A súa Asociación de Amigos permite unha serie de vantaxes para os seus socios nas actividades do centro (cgac.amigos@xunta.es).

No hay comentarios: